Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Xunta deixa en mans da Deputación a decisión que axude a paliar os efectos dos temporais

A Xunta deixa en mans da Deputación a decisión que axude a paliar os efectos dos temporais
A conselleira Ether Vázquez xunto aos alcaldes de Vimianzo, Camariñas e Muxía Os alcaldes dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo reuníronse na mañá deste martes coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, para tratar de concretar as medidas que vai tomar o ente autonómico para axudar a paliar os efectos dos temporais nos devantidos municipios. Despois de asegurar o pasado venres que a Xunta comezaría esta semana os traballos de limpeza en Cereixo. a conselleira trasladoulles aos rexidores que a Xunta de Galicia non pode asumir en solitario esa función e que vai solicitar o apoio da Deputación da Coruña, pospoñendo a decisión sobre as accións concretas a levar a cabo para unha reunión que se celebrará proximamente e na que deberán estar presentes a propia conselleira, o presidente da Deputación e os 3 alcaldes dos municipios afectados. En todo caso, explicou que os técnicos de Augas de Galicia realizaron inspeccións en 90 puntos afectados, e asegurou que ao longo destes dúas os técnicos xa traballaron na zona do río Vimianzo, retirando ás árbores e maleza e hoxe as actuacións estanse a centrar no río Carnés, onde se rexistra maior presenza de obstáculos na canle. Vázquez avanzou que nas vindeiras semanas tamén se realizarán labores de limpeza das canles e retirada de maleza e pólas retidas nos ríos naquelas zonas de Muxía e Camariñas que os técnicos de Augas de Galicia teñen identificado Vimianzo - Camariñas. A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará as actuacións de limpeza fluvial no río Carnés. No río Carnés 12/12/2018 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Novas relacionadas

 

Comentarios