Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte para esta ponte de decembro ven cargada de música, andainas, cultura e teatro

axenda costa da morte ponte decembro 2019
A #AxendaCostadaMorte para esta ponte de decembro ven cargada de música, andainas, cultura e teatro

Parte Costeiro

O tempo desta ponte ven marcado por un cambio de tendencia. Hoxe o anticiclón retírase lixeiramente cara o leste, polo que teremos ceos algo máis anubrados con nubes medias e altas e aumento da nubosidade ao longo da xornada. Pola mañá ao mellor aguanta algo máis aberto o ceo pero haberá un aumento das nubes ao longo do día.

O sábado os ventos do suroeste traen nubes e humidade, polo que a xornada se prevé con ceos moi anubrados, incluso con posibilidade de orballo, sobre todo durante a tarde. Esas nubes anticipan a chegada dunha fronte que se espera que deixe chuvias na Costa da Morte durante a mañá do domingo.

MÚSICA

  • O cantautor arxentino Pedro Reñé, estará no Casino 1889 presentando o seu disco "Andar" e o libro "Un minuto antes de ser alguien" hoxe ás 21:00 horas.
  • Cee celebrará o seu I Festival Solidario contra o Cancro con grupos musicais da zona

3 DÍAS X CORME

Corme vaise converter nun destino obrigado durante esta ponte xa que ofrece distintas actividades compaxinando o desfrute da paisaxe e da restauración local cunha proposta de ocio activo que non deixará a ninguén indiferente.

  • Hoxe organízase una andaina ata o Petón da Sombra guiada polo escritor cormelán Suso Lista.
  • O sábado comezará a tarde cun taller de chapas de Nadal e rematará cunha andaina nocturna ata As Forcadas.
  • O domingo realizarán o xogo  “Na busca do tesouro encantado” no que contarán historias do mar e dos piratas de Corme.

 

O Concello de Santa Comba tamén se suma ás andainas para esta ponte e organiza hoxe unha para descubrir os Castros xalleiros.

OUTONO DE PATRIMONIO EN CABANA

Cabana prepara para a finde distintas ofertas culturais no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate:

  • Visitas guiadas gratuítas ao Dolmen de Dombate en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 hoxe, sábado e domingo.
  • Demostración de artesanía local: pintura, cerámica, cestería e carpintaría.
  • Saberes de Cabana: Demostración de artesanía local: pintura, cerámica, cestería e carpintaría.
  • Dombate na literatura: Antoloxía de Dombate. Editada pola Deputación da Coruña.
  • Lectura pública e gravación de Omar Rabuñal. Agasallo aos participantes.
  • O sábado realizarase unha visita teatralizada con Suso Martínez encarnando a Eduardo Pondal.

TEATRO

CINE DOCUMENTAL

O Casino 1889 remata a primeira edición do ciclo de documentais galegos GALIDOC coa proxección de Pucho Boedo: un crooner na din do mundo de Xurxo Souto

FESTAS

Para os máis festeiros, Xornes celebrará o día da Inmaculada Concepción coa orquestra Finisterre e a Disco Móvil CDC

EXPOSICIÓNS

  • Faro Vilán acolle a exposición de láminas de Purificación Lema del Río.
  • Exposición «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Carballo. 
  • O Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

Comentarios