Martes. 08.10.2024
El tiempo

Abarrote na charla sobre a praga da pataca en Coristanco

Abarrote na charla sobre a praga da pataca en Coristanco
charla-praga-pataca-coristanco Os veciños e veciñas de Coristanco interesaronse por coñecer a situación actual da praga e saber como previla A espectación que causa a praga da pataca en Bergantiños quedou demostrada coa gran cantidade de productores que atrouxo a charla informativa sobre a cuzca guatemacalteca que tivo lugar onte pola mañá na casa da cultura de Coristanco. Os asistentes, que abarrotaron a sala, recibiron información sobre a situación actual da praga, as medidas preventivas para evitar a súa expansión e recibiron folletos informativos sobre o tema. Ademais, falouse do Real Decreto no que se establece o programa nacional de control e erradicación da Tecia Solanivora que afecta a 31 concellos da zona de Ferrolterra e do norte de Lugo. ponentes-charla-pataca-coristanco Ponentes da charla informativa sobre a praga da pataca que tivo lugar onte na casa da cultura de Coristanco A charla impartiuna Manuel Rodríguez, xefe territorial da Xunta de Galicia; Javier Domíngues, xefe provincial de explotacións agrarias; José Manuel Santos, xefe da área de servizos agrarios; e os técnicos Javier Recarey e Juan Carlos Lauroba. Por parte do concello de Coristanco asistiron o alcalde, Amancio Lavandeira, e o concelleiro de Medio Rural, Andrés M. Díaz.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios