Venres. 23.08.2019
El tiempo

REDE CULTURAL

Aberto o prazo para que concellos e entidades presenten solicitudes á Rede Cultural

Strobo de Carballo, un dos grupos apuntados na Rede Cultural
Strobo de Carballo, un dos grupos apuntados na Rede Cultural
Aberto o prazo para que concellos e entidades presenten solicitudes á Rede Cultural

É, sen dúbida, o programa cultural máis importante da provincia. Ese que permite que cada ano máis de 350 festas e eventos conten cun espectáculo galego de primeira calidade. A Rede Cultural, abre o prazo para que Concellos e entidades presentes solicitudes para ter actuacións nas súas festas e eventos.

Poden escoller entre 1776 espectáculos de toda Galicia quedando o prazo aberto o 13 de marzo de 2019 ás 14.00 horas.

”A cantidade de propostas presentadas mostra que a Rede Cultural é un balón de osíxeno para o sector e un motor para a contratación no ámbito artístico ademais de unha ferramenta sólida para achegar a oferta cultural a todos os públicos, en especial, aos dos concellos de menos habitantes", explica a vicepresidenta e deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

A Deputación da Coruña achega o 75% do orzamento da programación do circuíto para concellos de menos de 5.000 habitantes, o 60% para os que van dos 5.000 a 10.000 habitantes, 50% para os que contan cunha poboación de entre 10.000 e 20.000 habitantes, un 40% para os que van de 10 a 50.000 e un 30% aos que superan os 50.000 habitantes. Para entidades, a Deputación achega o 70% do orzamento das actuacións do programa "Alicerce”, o apartado non profesional.

Ademais de “Alicerce”, a Rede combina varios programas: "Escena ao vivo!", a categoría profesional de artes escénicas e musicais; "Visións!" destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais, unha nova aposta que ten, entre outros obxectivos, buscar espazos de distribución para as producións galegas; “e Lingua á escena", o apartado de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos duplica nesta segunda edición de existencia o número de propostas con 25 espectáculos.

O catálogo de espectáculos pódese consultar na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos.

63 espectáculos costeiros

Da Costa da Morte, temos (tan só) 63 espectáculos presentados, que son a meirande parte de de música tradicional, e coral, pero tamén de música de cámara, de rock, blues, músicas do mundo… teatro, danza, baile tradicional, charanga, regueifa…

E a disposición por concellos é a seguinte: Cabana (4), Camariñas (7), Carballo (12), Carnota (2), Cee (8), Corcubión (1), Coristanco (1), Dumbría (0), Fisterra (1), Laxe (1), Malpica (3), Mazaricos (2), Muxía: (2), Muros (12), Santa Comba (3), Ponteceso (10), Vimianzo (3), Zas (2).

Novas relacionadas

Comentarios