Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de presentación para autónom@s e microempresas do PEL da Deputación

 José Ramón Rioboo Valetin Gonzaez Fomroso e Xose Regueira
José Ramón Rioboo, Valetin González Formoso e Xose Regueira durante a presentación das axudas do PEL
Aberto o prazo de presentación para autónom@s e microempresas do PEL da Deputación

Ata o 15 de abril está aberto o prazo da nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2021) da Deputación da Coruña. Unhas axudas destinadas aos autónom@s para financiar novas contratacións, para facer investimentos que melloren a competitividade das empresas e para sufragar as cotas á Seguridade Social.

Este ano, as 4 liñas do PEL serán compatibles entre si, polo que os beneficiarios poderán optar a axudas de entre 2.500 e 46.300 euros.

Os responsables da Deputación destacan a vea social destas axudas enfocadas “á reactivación da hostalaría, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas, que como di o lema da campaña forman parte das nosas vidas e son socialmente indispensables”. Ademais lembran que en 5 anos as axudas da Deputación en materia de emprego pasou de contar con partidas de 1 millón de euros aos 30 do ano pasado, que supoñen o 16% do orzamento global do ente provincial.

Destacaron que nos 5 anos do PEL, “a Deputación axudou a crear 3.900 empregos e impulsou a actividade de máis de 1.000 empresas”.

4 liñas

Por unha banda, as PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO (que permiten solicitar ata 17.500€ para investimento de maquinaria, mobiliario…) e PEL-EMPRENDE AUTÓNOM@S (que subvencionará o 70% das cotas á Seguridade Social dos autónomos/as durante un ano) son destinadas a autónomos con menos de 5 anos de actividade.

A PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL permite a empresas de concellos de menos de 20.000 habitantes sufragar o 70% do custe de soldos e seguridade social durante un ano da nova contratación.
Para os que solicitaron o ano pasado esa axuda, este ano a Deputación lanza PEL-PEMES MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL, con ata 11.000€ para manter a contratación, sufragando o 50% do custe de soldos e seguridade social durante o 2º ano de contratación.

Podedes botar un ollo en https://emprego.dacoruna.gal/.

Comentarios