Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Aberto o proceso de licitación do suministro do uniforme de traballo de Sasemar

Aberto o proceso de licitación do suministro do uniforme de traballo de Sasemar

Moitas veces, os procesos de licitación das empresas públicas carecen da publicidade necesaria para que moitas empresas se poidan presentar. Normalmente, as empresas de sempre son as que están atentas, ano tras ano, a esta clase de procesos, evitando así que haia unha libre concorrencia e provocando así que vaia baixando así a calidade dos produtos ofertados.

O caso do proceso de licitación para a compra de roupa e uniforme de traballo por parte de SASEMAR é un perfecto exemplo. De feito, este proceso só revirte na baixada paulatina da calidade da roupa que visten os profesionais de Salvamento (prendas de vestir, calzado, artigos de viaxe, accesorios; Indumentaria de traballo; roupa exterior), que levan anos sen poder compararse coa vestimenta doutros corpos como a Garda Civil ou a Policía.

Por iso, queremos facer público a apertura do proceso de contratación pública do suministro de uniformidade para o persoal das unidades marítimas de Salvamento Marítimo. O contrato ten un valor estimado de 1.950.000€, e hai de prazo de presentación de oferta ata o 20/01/2020.

O proceso de licitación está aberto nesta ligazón e poden informarse en [email protected] ou no 917559100.

Comentarios