Venres. 19.04.2024
El tiempo

O achegamento aos humidais da zona realizado por Senda Nova ratifica o seu crítico estado de saúde

Rabunal Patino explicou o Esteiro do Anllons a rapazada de Senda Nova
Rabuñal Patiño axudou a divisar as aves do Esteiro do Anllons á rapazada de Senda Nova
O achegamento aos humidais da zona realizado por Senda Nova ratifica o seu crítico estado de saúde

Fermosas e necesarias as xornadas ambientais que segue artellando a activa Asociación Senda Nova. Estas dúas pasadas fins de semana celebraron o Día dos Humidais (o 2 de febreiro) con dúas saídas ben interesantes. Preto dun cento de persoas participaron nas dúas saídas, visitando o día 3 as zonas de Baldaio e a Lagoa de Alcaián, e o día 9, o Esteiro do Anllóns e a lagoa de Traba.

Os responsables de Senda Nova contan polo miúdo como foron as saídas, que serven para que a veciñanza coñeza mellor estes importantes espazos.

En Baldaio, as compañeiras do GN Hábitat axudaron no avistamento de aves, e despois pola tarde comprobaron o momento crítico polo que pasa a Lagoa de Alcaián, un lugar con especial interese pola presencia de especies vexetais endémicas, como a Centaurea Ultreiae, ou o fento Lycopodiella inundata, que se atopa en perigo de extinción. Un espazo que vai ser ademais absolutamente afectado por un novo parque eólico, como explicaron os representantes da Plataforma Non Máis Eólicos.

No Esteiro do Anllóns contaron coa sorte de contar cun dos ornitólogos máis recoñecidos do estado, un Xosé Luís Rabuñal Patiño sempre disposto a compartir a súa paixón.

Na Lagoa de Trabala fixeron unha viaxe pola natureza do humidal pero tamén pola historia.

Crúas conclusións

A familia de Senda Nova saca unhas difíciles conclusións das saídas. Primeiramente consideran “degradado” o espazo de Baldaio, xa tocado dende o boom urbanístico dos anos 70, con continuas manifestacións de cemento que demostran que a man do home destrúe máis que constrúe. Que dicir da lagoa de Alcaian, un espazo que se atopa actualmente completamente abandonado, cheo de verquedoiros ilegais… afectado no seu día polas labores mineiras, que provocaron dúas enormes gabias para drenar a lagoa, quedando reducido a un par de pozos que seguen a manter a auga todo o ano, pero perdendo a maioría de superficie inundada.

Do Esteiro do Anllóns lamentan tamén a presenza de mascotas soltas que impiden aniñar á Píllara das Dunas, saben escollida como Ave do Ano 2019.

A Lagoa de Traba, algo máis liberada da man do home, ten o problema de que se está a colmatar por mor da concentración parcelaria, que fai que ano tras ano baixe considerablemente o seu nivel de auga. Ademais, os novos parques eólicos tamén afectan ás aves.

Eliminación de invasoras en Razo

dav

ADEGA organizou ademais a fin de semana 2-4 de febreiro unha saída de eliminación de especies invasoras na zona de Razo-Baldaio, en colaboración coa DXPN da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Carballo. Unha actividade aberta a veciñanza na que participaron algún veciño de Carballo, pero taménb de Vigo, Lugo, Compostela, Negreira, Laracha ou Arteixo.

Por Razo, unlla de gato (Carpobrotus edulis) é a máis extendida e perigosa da zona, sobre todo para os ecosistemas dunares ao tapizar a superficie do terreo e desprazar á flora autóctona.

Pola súa parte, en Baldaio, hai tres especies que ameazan a flora local, Hortaderia selloana, Pittosporum tobira e Helichrysum petiolare.

Sesion de eliminacion de invasoras en Razo-Baldaio con Adega

Comentarios