Venres. 19.04.2024
El tiempo

ADECOM pide ás alcaldías da Costa da Morte que se sitúen á fronte da loita contra os eólicos

Non caiamos na trampa eólica
ADECOM pide ás alcaldías da Costa da Morte que se sitúen á fronte da loita contra os eólicos

A recén constituída Comisión Rectora da Asociación en Defensa da Costa da Morte presentou esta fin de semana escritos na totalidade dos municipios da Costa da Morte afectados por máis de 40 novos proxectos eólicos, instando ás súas alcaldías, gobernos locais así coma ao conxunto das corporacións municipais a colocarse á fronte das veciñanzas afectadas.

A Federación de Asociacións explicoulles que “o gran volume de proxectos presentados está a desbordar ás entidades sociais”, que non dan feito para cubrir a falta de información que a prensa e as administracións ofrecen sobre estes proxectos que tanto afectan tan directamente á veciñanza.

A nova entidade social comarcal convidou a alcaldes e alcaldesas e resto de membros das corporacións locais a “liderar o seu tecido veciñal e dotala de todas as ferramentas para participar de forma informada nestes proxectos, incluíndo o asesoramento para formular alegacións, se o desexan.

 

Novas relacionadas

Novas dos Eólicos.

Comentarios