Venres. 19.04.2024
El tiempo

Como afrontar o pago das facturas da luz en empresas pechadas polo coronavirus

Sede de Aralumen.
Sede de Aralumen.
Como afrontar o pago das facturas da luz en empresas pechadas polo coronavirus

A crise sanitaria da Covid-19 supón un engadido de estres e está traendo de cabeza a moitos negocios da Costa da Morte. Algúns deles, pechados, sen facturar e sen solucións a curto prazo, seguen soportando facturas, impostos e outros gastos; acumulando unha débeda que vai a ser moi difícil de recuperar no curto prazo.

A factura da luz é un dos gastos máis importantes ao que teñen que facer fronte as PEMES da Costa da Morte. O xerente de Aralumen, Marcelino González, explícanos como reducir ao mínimo posible a factura da luz e aprazar os pagos ata que se poida volver a actividade.

  • QPC: Que opcións te unha empresa para pagar o mínimo de luz se o negocio está pechado?

A través de Real Decreto, o Goberno adoptou varias medidas para que os negocios poidan reducir os gastos eléctricos. As principais son:

  1. Aprazamento de facturas. Pódense aprazar as facturas mentres dure o estado de alarma. O pago destas farase de forma prorrateada cando se volva á actividade.
  2. Baixada de potencia de forma temporal. Desta forma as empresas poden reducir ao mínimo posible a cota fixa da factura.
  3. Suspensión temporal do suministro eléctrico. Isto non é a opción recomendable, porque ninguén garante poder volver ás condicións de facturación anteriores á suspensión do suministro de forma fácil.
  • QPC: Canto se pode aforrar? Merece a pena?

Temos un vídeo no que explicamos por que tódolos negocios que están pechados deberían adaptar as potencias ás necesidades actuais.

  • QPC: Estas medidas teñen custe para os negocios?

Non, calquera destas medidas non teñen custe para os negocios afectados, se se tramita correctamente. Nin as comercializadoras nin as distribuidoras eléctricas deberían cobrar por estas xestións.

  • QPC: Poden ter algún risco para o negocio estas medidas?

Si. Son temas delicados e deben facerse con prudencia, sobre todo nas empresas de que teñen bastante consumo, como é o caso de hoteis, restaurantes, cafeterías, industria... Se se baixa a potencia demasiado, pero segue habendo aparatos enchufados (como neveiras ou cámaras de frío), as penalizacións poden ser moi superiores ao aforro conseguido. Tamén pode haber problemas á hora de volver á situación anterior se se baixa demasiado a potencia e se cambia a tarifa (por exemplo dunha 3.0 a unha 2.1). Nos negocios con 3.0 recomendamos SEMPRE deixar o período P3 con alo menos 15.001 watios.

  • QPC: Que poden facer os negocios se teñen dúbidas?

En Aralumen hai tempo que puxemos en marcha Xeneco, un servizo para axudar ás empresas da Costa da Morte a realizar estas xestións e para calcularas potencias mínimas axeitadas a cada negocio, pagando así o mínimo posible pero sen que haxa problemas á hora de recuperar a normalidade e volver a subir a potencia contratada.Tamén nos alertan do aumento de chamadas telefónicas con ofertas que ao final acaban non sendo tal e recomendan non aceptar ningunha proposta comercial, por atractiva que sexa sen ler con antes con atención o contrato da mesma. Cada día se atopan con negocios que cambiaron as súas tarifas guiados por axentes comerciais que se aproveitaron desta situación de necesidade pero non analizaron as necesidades reais do negocio á hora de aforrar pero tamén á hora de retomar a actividade.

Comentarios