Venres. 29.03.2024
El tiempo

Anajata e 8.000 sinaturas únese á loita contra o Campionato de España de Caza do Raposo

Anajata e 8.000 sinaturas únese á loita contra o Campionato de España de Caza do Raposo
Un raposo aparecía este luns mutilado nun monte entre Bertamiráns e Negreira Un raposo aparecía este luns mutilado nun monte entre Bertamiráns e Negreira Son numerosas as entidades da Costa da Morte que xa amosaron o seu rexeitamento do Campionato de España de caza do raposo, que se celebra esta fin de semana nun espazo situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. A última entidade costeira en sumarse é Anajata. A comprometida entidaed muradá quere manifestar a súa “máis absoluta repulsa pola súa celebración pedíndolle á Xunta de Galicia a anulación do mesmo. De non lograrse, numerosos grupos de ciudadan@s sairemos ao monte para intentar evitar a morte do maior número de animais posible exercendo o noso dereito como ciudadan@s libres de gozar da nosa natureza e fauna, tratando de impedir unha barbarie que avergoña a calquera persoa cun mínimo de sensibilidade. Non queremos que a nosa terra sexa a sé dunha actividade que só trae desolación e morte.”

Campaña en Change.org

Ao tempo, case 8.000 persoas teñen asinado xa a Campaña en Change.org Que Prohiban el "Campionato de España da caza do raposo" e non o subvencionen.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios