Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Anpas convocan unha manifestación para este mércores pola tarde

ANPAS DAS CONCENTRACIONS DO 16 DE SETEMBRO DE 2020 copia
As Anpas convocan unha manifestación para este mércores pola tarde

A incerteza neste comezo de curso segue viva entre as familias, tanto as que xa comezaron (de Infantil e Primaria) como as que están á espera (ESO e Bacharelato). De aí que as Anpas Galegas e os sindicatos convoquen para esta tarde de mércores, unha concentración en 24 cidades galegas.

Entre elas, están Carballo e Cee, que as 19:00h acollerán na Praza do Concello e na Praza da Muller a ducias de familia que protestarán por un Ensino Público Galego seguro e protexido.

 

”Non é admisíbel que poñan por diante da calidade do servizo público o aforro económico que poida representar a non contratación das profesionais necesarias”, denuncian. “Non damos crédito ao feito absurdo de que o alumnado galego sexa tratado con normativas diferentes segundo estea en primaria, secundaria, sexa usuario de comedores ou transporte escolar”.

”Queremos, e temos dereito, a un Ensino ben organizado, preocupado pola saúde física e emocional das nenas e nenos, estruturado na procura da igualdade de todas e garante de que todas as galegas e galegos teñamos os memos dereitos e o mesmo tratamento e opcións.”

Novas relacionadas

Comentarios