Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aprendendo Marcha Nórdica para os 6 anos do Camiño dos Faros

Aprendendo Marcha Nórdica para os 6 anos do Camiño dos Faros
Xa se ven moitos bastóns polo Camiño dos Faros Xa se ven moitos bastóns polo Camiño dos Faros

Implicar o tren superior (brazos, hombreiros e costas) no camiñar é fundamental para optimizar esforzos. Así fai precisamente a Marcha Nórdica, disciplina amplamente coñecida no mundo do montañismo, xa presente en moitas das saídas do Camiño dos Faros. Un Camiño dos Faros que precisamente abre as inscricións para a súa 9ª edición, e que poderá contar con novos usuarios dos bastóns.

Xa que a activa Asociación deportiva Abellariza organiza para o domingo 27 de xaneiro, ás 10:30h, un Taller de Marcha Nórdica que constará dunha Charla Práctica cunha duración de 40 minutos, e de seguido, unha clase práctica de 80 minutos (bastóns incluídos). O taller será impartido por un profesional na materia, e levaráse a cabo no Pavillón Municipal de Ponteceso en horario de 11:00 h a 13:00 h. Podes inscribirte (10€) en a [email protected].

Camiño dos Faros

Como dicíamos, a Asociación Camiño dos Faros vai abrir o vindeiro 5 de febreiro o prazo de inscrición para a súa 9ª edición. Tras 6 anos descubrindo as marabillas do noso litoral, e abríndoas ao mundo enteiro, o Camiño fará as 8 etapas en familia dende o 17 de marzo ata o 22 de xuño.

Novas relacionadas

Comentarios