Martes. 27.10.2020
El tiempo

As áreas percebeiras de Muxía e O Pindo, as "máis vulnerables" ao cambio climático dende un punto socioecolóxico

Foto dun percebeiro de Juanma Ronquete
Foto dun percebeiro de Juanma Ronquete
As áreas percebeiras de Muxía e O Pindo, as "máis vulnerables" ao cambio climático dende un punto socioecolóxico

Un novo estudo científico vén de identificar as áreas percebeiras de Muxía e O Pindo como as “máis vulnerables” ao cambio climático dende un enfoque socioecolóxico. Así o recolle o Galicia Confidencial que analiza o Estudo publicado na revista Marine Policy, realizado por investigadores do Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, do Centro de Investigación Noruegués; e do Laboratorio de Física Ambiental (EPHYSLAB) da Universidade de Vigo.

Unha análise realizada sobre 26 das 30 agrupacións de [email protected] (quedaron exentas as zonas de Muros, Lira, Caión, e outras 3 por falta de datos), e que condensa a problemática medioambiental coa social, facendo unha análise da adaptabilidade de cada zona a posibles cambios socioeconómicos.

Así, as zonas de O Pindo e Muxía, e a de Porto do Son, son consideradas como as que teñen “máis altos índices de vulnerabilidade socioecolóxica”, facendo fincapé na alta sensibilidade social para co traballo do mar e a falta de capacidade de adaptación do sector.
Precisamente, O Pindo e Camariñas se sitúan como as zonas con menor capacidade local de adaptación do sector, sendo ademais as zonas con niveis máis baixos de benestar económico.

O estudo sinala tamén que Corme e Camelle (e Aguiño) son as vilas con maior “número relativo de [email protected] do mar” por habitantes.

Pola contra, o estudo sinala Fisterra como relativo caso de éxito, destacando o aumento da capacidade de adaptación local.

comentarios