Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Arrinca a sétima edición do Camiños dos Faros con todas as prazas cubertas

Arrinca a sétima edición do Camiños dos Faros con todas as prazas cubertas
traskisede-malpica A Traskisede está ubicada nun dos baixos do mercado municipal de Malpica Este domingo arranca a VII edición do Camiño dos Faros, esa ruta de sendeirismo percorre os 200 quilómetros que separan Malpica de Fisterra. Precisamente, fai agora catro anos que botou a andar este proxecto posto en marcha por un grupo de amantes da natureza e no que loitan día a día para homologala como Ruta de Gran Percorrido. Unha das principais novidades deste ano - ademais de que as prazas xa están cubertas - é a Traskisede, ubicada no mercado municipal de Malpica e que quedará inaugurada este sábado ás 21 horas. Éste será un punto de información para todos os trasnos e trasnas. Antes da inaguración arrancará o Camiño dos Faros Inclusivo, organizada pola federación ANPAS provincial en colaboración coa asociación Camiño dos Faros. Sairán ás 15:30 horas do porto de Malpica para chegar ata San Adrián e logo facer o camiño de volta a Malpica. En total son 8,15 quilómetros. 1ª etapa O Camiño dos Faros comeza en Malpica para chegar, polos bordes do mar, á praia de Niñóns. 22 quilómetros de distancia nos que se misturan as paisaxes, as historias e as emocións. Os inscritos nesta edición da Ruta dos Faros deberán estar ás 9 horas no porto de Malpica para recoller os os pases presentando o DNI. Unha hora máis tarde, ás 10 horas, a expedición partirá. Desde as 17:30 horas sairán autobuses da igrexa de Niñóns para recoller aos participantes e levaraos de volta a Malpica. Ás 19 horas haberá unha quedada fin de etapa no paseo marítimo onde os participantes intercambiarán impresións.

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios