Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Arrincan as Ligas da Costa

Arrincan as Ligas da Costa
O Cee sera un dos candidatos ao ascenso-Foto-UC Cee Esta fin de semana si. Esta fin de semana de 7 e 8 de setembro, volven os campos de fútbol a ferver. Practicamente todas as categorías xa están en competición e volvemos disfrutar de tardes de auténtico Fútbol da Costa. Se xa estaban a Preferente e os xuvenís en marcha, esta fin de semana comezan a 1ª e 2ª Autonómica, así como os infantís. Aínda teremos que agardar ata o 29 de setembro para o comezo da 3ª máis curta dos últimos anos, mentres que os cadetes non comezarán ata o 2 de novembro. A vindeira semana xa comezan os Veteranos, o Dumbría da División de Honra Cadete, e mais os Bergan, Dumbría e XSC da Liga Galega Infantil. Comezamos o repaso á xornada pola Preferente, que chega co primeiro derbi da temporada entre o XSC e o Soneira. Unha cita que servirá para medir o potencial de ambos conxuntos. E analizamos o comezo desta temporada 2013/2014 nas 1ª e 2ª Autonómica. 5 equipos da Costa parten na 1ª santiaguesa con ansias de manterse. O Malpica que querrá repetir a gran temporada do ano pasado; os Ponteceso e Camariñas que intentarán non sufrir tanto; e os novatos Esteirana e Baio que haberá que ver como se adaptan a categoría. A campaña comeza con dous equipos debutando en casa, como o Baio e a Esteirana, que recibirán aos tamén recén ascendidos Agolada e Cordeiro respectivamente. Ademais o Camariñas visitará ao Villestro, un dos chamados a estar arriba trala boa campaña do ano pasado; o Malpica visitando a todo un Arzúa; e o Ponteceso ao Bertamiráns B. Mentres, na Liga da Costa, teremos moitas incógnitas. Parece que o Fisterra, recén descendido, é un dos favoritos, contando cos Cee (sempre aí) ou o Corme, que busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa. Ademais haberá que ter o ollo posto nas novas propostas do Sofán, do Castriz e do Zas.

Preferente, xornada 3

Carral 08/09 - 18:30 Bergantiños
Xallas StComba 08/09 - 18:00 Soneira
Dumbría 08/09 - 17:30 Castro

1ª Autonómica, xornada 1

Baio 08/09 - 19:00 Agolada
Villestro 08/09 - 18:00 Camariñas
Esteirana 08/09 - 17:00 Cordeiro
Puebla 2-2 Malpica
Bertamiráns B 08/09 - 17:00 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 1

Fisterra 1-1 Sofán
Cabana 0-1 Carnota
Corcubión 0-4 Outes
Corme 2-1 Volantes
Muros 08/09 - 17:00 Porteño
San Lorenzo 08/09 - 18:30 Camelle
Cee 08/09 - 17:00 Castriz
Independiente 08/09 - 17:00 Mazaricos
Buño 08/09 - 17:00 Zas

Xuvenil, Gr.3, xornada 2

Mazaricos 2-4 Soneira
Dumbría 4-0 Outes
Xallas StComba 8-0 Lira
Muros 0-8 Esteirana
Fisterra 3-0 Cee
  • Descansa Corcubión.

Xuvenil, Gr.4, xornada 2

Coristanco 0-3 Ponteceso
Laxe 7 - 0 Castriz
Corme 4-4 Porteño
Camariñas 2-3 Malpica
Cabana 9-2 Muxía
  • Descansa Baio.

Liga Infantil, xornada 1

Outes 0 - 7 Cee
Ponteceso 12/09 - 18:00 Fisterra
Coristanco 08/09 - 10:30 Os Miudos
Corme 08/09 - 10:30 As Baleas
Baio 09/09 - 18:00 E.M.F. Vimianzo
Muxía 08/09 - 10:30 Sofán
Esteirana 08/09 - 10:30 Cabana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios