Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As 30 entidades deportivas que reciben axudas da Deputación

As 30 entidades deportivas que reciben axudas da Deputación
García Liñares é o respondable da área de Deportes da Deputación da Coruña García Liñares é o respondable da área de Deportes da Deputación da Coruña A Deputación da Coruña vén de publicar a relación de axudas concedidas a entidades deportivas da provincia. Un total de 705.000 euros de orzamento para un total de 261 asociacións e clubs coruñeses que se verán beneficiados deste programa de subvencións destinado a apoiar as actividades federadas, tanto no ámbito provincial como autonómico, de todas as disciplinas deportivas. Do montante total, máis de 86.000€ son destinados a 30 entidades da Costa da Morte, das que 19 son clubs de fútbol modesto, pero tamén de baloncesto, balonmán, voleibol, judo, natación, tenis de mesa… Unhas axudas sen as que sería posible que houbese tanto deporte no rural. Xa poden consultar aquí a listaxe completa, pero nós focalizamos nas axudas costeiras:
Entidade Axuda
Cabana SD 1.500€
Xallas SD 4.185 €
Camariñas CF 2500€
CF Lira 1.000€
Ponteceso S.D 5.500€
CF Porteño 1.000€
Sporting Zas 3.500€
UD Carnota 600€
CF Dumbría 6.000€
Corme CF 1.700€
Mazaricos CF 2.300€
SD Coristanco 2.000€
SCRD Esteirana 1.700€
SD Ameixenda 1.000€
SD Sofán 4.400€
Unión Club Cee 4.000€
UD Corcubión 2.500€
UD Montelouro 2.000€
Esteiro SD 1.000€
Anorthosis Vimianzo 1.700€
Baloncesto Artai 4.200
Fisober FSF 2.200€
Atletes Arteixo 1.047€
Villa de Cee FSF 2.500€
Balonmán Camariñas 6.000€
ACB Costa da Morte 4.000€
Escola de Basket Xiria 12.500€
Volei Xiria 2.000€
Judo Club Bergantiños 900€
SD Pesca Neria 1.000€
Concedidas provisionalmente condicionadas:
  • Bergantiños CF (9.000,00 €), entidade debe estar ao corrente nas débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
  • CD Baio (10.250€), ten que Xustificar que os gastos de “combustible” e de “avituallamento” de deportistas están directamente vinculados coas actividades subvencionadas.
Non admitidas:
  • Escolas Luís Calvo Sanz (24.500€), por desestimento do solicitante.
  • Salvamento e Socorrismo Carballo (5.500€), por desestimento do solicitante.

Novas relacionadas

FDonte

Comentarios