Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés

As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés
Moi querida neta Cristina: Volvo escribirche ao constatar que a birome ten vida propia, en serio dígocho, escribe solita. O curioso é que sabe o que estou pensando e exprésao coas palabras xustas. Supoño que é un dos privilexios que nos ofrece a vida celestial aos que fomos laburadores honrados, alá abaixo. Sigo con rifa. Cada día que pasa dóeme máis ao ver a gran efectividade que tivo a venda electoral virtual sobre os ollos dos votantes macristas. As novas tecnoloxías facilitáronlle moito o triunfo a don Mauricio mediante un innovador produto que che permite ir pola rúa puteando á negrada peroncha sen ter que abrir a boca. Ao poñerse a venda, automaticamente, vaise liberando no organismo unha eficaz pichicata coa adecuada dose de odio e resentimento. Os avós emigrantes estivemos analizando o comportamento cidadán nas pasadas eleccións. A nosa conclusión coincide co expresado por Rigoberto Lanz: "Non estamos lidiando con pensamento político senón con mazamorra ideolóxica. Non enfrontamos un proxecto de país alternativo senón a furia babosa de odio e frustracións persoais. Non se trata de interactuar políticamente con formacións antagónicas, xente que pensa distinto, senón lidiar con patologías psicopolíticas irrecuperables." Acá é onde atopamos a orixinalidade do actual momento político en Arxentina xa que con tres mentiras e tres promesas obtense o apoio do 51% do electorado. É sabido que os enfermos encérranse para fuxir do diálogo. Tamén somos da opinión de que en Arxentina non hai crise. Ti deixaches as arcas públicas con abundantes reservas monetarias e sen débedas cos organismos financeiros internacionais. O correcto é falar dunha estafa do goberno macricida que se concreta en facer máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres. Ademais, para pechar o círculo da inxustiza oféndese e despreza na máis absoluta impunidade. Estamos facendo referencia a dous casos moi significativos. Un é o da carne e outro o da minería. O aumento toleado do prezo da carne vacuna fixo descender rápidamente o nivel de vida dun 99% da poboación. O goberno rise na jeta dos cidadáns e bótalle a culpa ao carnicero. Lévanche ao matadero pero con alegría para os "cabeza de globo amarelo" que mostran o seu mellor sorriso. Con respecto á industria minera, máis do mesmo. Os capos do goberno mátanse da risa ao non ter que explicar nada aos seus votantes ao contar con adeptos incondicionales á causa que lidera o gran sacerdote don Mauricio. Non lle vemos sentido a unha exoneración ou quita de impostos ás exportacións de minerais. As compañías deixaron de pagar 233 millóns de dólares malia que, case todas, incumpren as normativas de protección medioambiental. É algo inédito. O estado arxentino premia a compañías indecentes que contaminan acuíferos e ríos. No canto de sancionalos con fortes multas por delito contra o medio ambiente, regálalles uns millóns que se van correndo para Toronto que é onde está a sé social da controvertida Barrick Gold Corporation. Antes de despedirme queríache falar dunha “ñoqui” que creo converteuse en “sorrentino”. Acordaraste do asqueroso ataque á filla de Rossi no Banco da Nación Arxentina. Á rapariga cruzárona, malia que cumpría todos os requisitos para o posto. Acabamos de ler que Inés —a irmá de Máxima— foi nomeada directora en Políticas Sociais da Presidencia da Nación. Non posúe nin a titulación nin a experiencia que se require pero, a pobrecita, anda sufrindo mal de amores. Así se explica que acuda na súa axuda don Mauricio que a nomea con efecto retroactivo. Inés percibe o seu bo soldo desde o 10 de decembro do ano pasado pero recentemente apareceu, onte, no seu lindo laburo trucho. Agora si que termino, voume embalado a unha charla do compañeiro vilalbés Chao Rego sobre o poetazo Manuel María en adianto ao próximo Día dás Letras Galegas. Recibe o agarimo do avó das montañas fonsagradinas que non esquece a beira riopratense onde me alegraban a vista aquelas fermosas flores lila do jacarandá. – Pascasio Fernández Gómez.  
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios