Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As entidades supramunicipais da Costa da Morte estudan posibles colaboracións

As entidades supramunicipais da Costa da Morte estudan posibles colaboracións
Reunion do GALP-GDR e CMAT Reunions do GALP, GDR e CMAT

Que bo nos parece que as entidades supramunicipais (agora xa en plural) se unan pensando no futuro da comarca. Así o propuxo esta semana Asociación de Turismo de Costa da Morte (CMAT), que ao longo desta semana realizou xuntanzas GALP Costa da Morte e o GDR na sede deste último en Vimianzo. Ás mesmas acudiron os xerentes Guillermo González (GALP) e José Antonio Vila (GDR) e os respectivos presidentes de ambas as entidades Evaristo Lareo (GALP) e Manuel Muiño Espasandín (GDR), que se entrevistaron durante a mañá con representantes da Xunta Directiva da CMAT.

O obxecto destes encontros era “estudar e valorar posibles colaboracións ao longo do exercicio 2018 para potenciar o aproveitamento de sinerxias e a optimización dos recursos, favorecendo a coordinación entre os diferentes axentes que traballan por un maior desenvolvemento socioeconómico do territorio e unha maior promoción do xeodestino”, explican dende o CMAT.

Tanto o GALP como o GDR consideran o turismo como unha actividade determinante no seu ámbito territorial, que contribúe á diversificación das economías rurais e pesqueiras, manifestando ambas as asociacións o seu total respaldo á CMAT en proxectos de apoio ao desenvolvemento e á posta en valor do patrimonionatural e cultural.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios