Venres. 29.03.2024
El tiempo

As velutinas aniñan cada vez máis alto

As velutinas aniñan cada vez máis alto
Eliminando un nino de velutina en Carballo Eliminando un niño de velutina no alto dunha árbore

72 niños menos que o ano pasado leva erradicado o servizo municipal de control de pragas do Concello de Carballo. Son un total de 308, despois de que no mes de setembro retirasen 89 niños de avespa velutina durante este mes de setembro. Unhas cifras que por un lado demostran a freada da expansión desta agresiva especie invasora, pero polo outro ratifican a alerta creada na sociedade galega.

O servizo municipal sinala que boa parte dos niños están aparecendo en árbores a moita altura, o que obriga a utilizar a grúa con frecuencia. De feito, un situado en Albeiro, Sofán, non puido ser alcanzado.

Dende o Concello lembran que poden chamar ao 112 ou ao 012 para dar conta da presencia dun dos niños, dende onde se porán en contacto co servizo municipal de control de pragas, pioneiro en Galicia, unha vez que a Xunta está deixando aos concellos bastantes sós na loita.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-vespas-velutinas-mudan-o-seu-modus-operandi/ https://quepasanacosta.gal/os-servizos-municipais-de-carballo-contan-con-kits-de-adrenalina-para-tratar-picaduras-de-avespa-asiatica/ https://quepasanacosta.gal/administracion-local-e-avespa-velutina-ensinanzas-practicas-que-non-saen-nos-libros-de-texto/ https://quepasanacosta.gal/capturadas-mais-de-1-500-rainas-na-campana-de-trampeo-da-vespa-velutina-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/camarinas-acaba-con-1876-velutinas/ https://quepasanacosta.gal/o-pioneiro-servizo-municipal-de-control-de-praga-de-carballo-elimina-118-ninos-de-avespa-velutina-nun-mes/ https://quepasanacosta.gal/os-concellos-estamos-atados-para-loitar-contra-a-avespa-velutina/

Comentarios