Martes. 16.04.2024
El tiempo

Aumenta o SAF en 9 concellos da comarca, para atender 9 horas á semana a 765 persoas

Reunion na laracha sobre o SAF
O Delegado da Xunta explicou na Laracha as novas cifras do SAF na comarca
Aumenta o SAF en 9 concellos da comarca, para atender 9 horas á semana a 765 persoas

Celebrouse onte unha reunión na Laracha para analzar as cifras do Servizo de Axuda no Fogar de 9 concellos da Costa da Morte. Trátase dun dos servizos que máis recursos dos Concellos, xa que malia ser sufragado en parte (o 76%) pola administracións autonómica, supón un forte investimento para as arcas municipais. De feito, este ano son moitos os Concellos os que están a xustificar a parte social do POS+ provincial cos gastos do SAF.

A Xunta ofreceu datos, sobre o servizo en Cabana, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Malpica, Ponteceso e Zas os 9 concellos da comarca nos que se incrementou a cantidade de horas de axuda a persoas en situación de dependencia recoñecida.

Afirman que se incrementou o servizo nestes concellos en máis de 130.000 hora, o que significa un total de 358.368 horas para coidar durante este 2021, a 765 persoas. Unha cifra que supón unha media de 466 horas ao ano para cada paciente, ou o que é o mesmo, 9 horas á semana por paciente.

No caso da Laracha, o delegado destacou que a Xunta aumentou en máis de 4.050 as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, ata as 45.420 horas anuais. Hoxe este municipio atende a 101 persoas a través deste servizo.

CONCELLO HORAS ANUAIS ANTES DO INCREMENTO INCREMENTO DE HORAS ANUAIS HORAS ANUAIS ACTUAIS Nº USUARIOS
Cabana 19.332 144 19.476 61
Camariñas 27.384 1.812 29.196 106
Carballo 73.800 10.992 84.792 182
Cee 24.360 17.376 41.736 39
Coristanco 27.048 564 27.612 44
Laracha 41.364 4.056 45.420 101
Malpica 48.192 1.224 49.416 105
Ponteceso 17.472 1.092 18.564 34
Zas 38.940 3.216 42.156 93
TOTAL 317.892 40.476 358.368 765

Comentarios