Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Deixámosvos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da última fin de semana de marzo. Unha axenda que vén marcada, unha vez máis, pola chea de citas co teatro.

talia
talia
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO SOLLEIRO E AIRE FRÍO

Meteogalicia avísanos que o venres o anticiclón desprazarase cara ó leste situándose sobre o continente europeo, o que permitirá unha progresiva entrada de aire frío nas capas altas e un descenso na intensidade do vento. Con esta situación, continuaremos con ceos pouco anubrados ou despexados en xeral e coa formación de nubes de evolución nas zonas elevadas do interior. O sábado, ao igual que a xornada do día anterior, Galicia continuará con influencia anticiclónica con entrada de aire frío en altura polo que aumentará a inestabilidade atmosférica. Así, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados, con formación de nubes de evolución ao longo da tarde que poderían deixar chuvascos localmente treboentos. A xornada do domingo estará marcada pola presenza de aire frío en altura o que traerá inestabilidade atmosférica. Con isto, amenceremos con nubes baixas no litoral norte e néboas no interior.

Venres 29 de marzo

-Cata de viños Ribeiro en Laxe.

-Presentación dun documental en Santa Comba.

-Inauguración da exposición 'Lembranzas do Allo' en Zas.

-Faladoiro sobre a historia de Ioga en Cee.

-Obradoiro 'Nós mesmas' en Carnota

Sábado 30 de marzo

-Andaina 'Coñece a Costa da Morte' por Cee.

-Teatro coas avoas de Laxe.

-Festa dos maiores en Santa Comba.

-Teatro infantil en Cee.

-Concerto de Pálida en Carballo.

-IV Mostra de Teatro en Zas.

-Sábados de teatro en Vimianzo.

Domingo 31 de marzo

-Teatro en Cee con Talía Teatro.

-Presentación da primeira novela de Mercedes Pazos en Laxe.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios