Venres. 29.03.2024
El tiempo

LETRAS GALEGAS

Axenda para as Letras Galegas na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Aquí vos deixamos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte para esta ponte festiva das Letras Galegas, onde destaca o programa da 37º edición das Festiletras, unha cita ineludible que cada ano convirte a aldea pontecesá do Couto nun dos puntos culturais máis importantes de Galicia.

 

2019-05-16
Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón este mércores no Festiletras do Couto, en Ponteceso.
Axenda para as Letras Galegas na #CostadaMorte: aquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: CHUVASCOS E AIRE FRÍO

Meteogalicia avísanos que o venres Galicia seguirá influencia dos ventos do noroeste que traerán aire frío. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes na metade norte. O sábado volverá ser un día de inestabilidade atmosférica e aire frío sobre Galicia. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvascos máis probables durante a mañá. As temperaturas mínimas descenderán e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo do noroeste. Xa o domingo, teremos unha situación atmosférica indefinida que nos deixará unha xornada de tempo seco. Con isto, agárdanse néboas matinais e unha tarde de ceos con nubes e claros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos do noroeste.

Ao londo de todos estes días, a a aldea gala do Couto convírtese no epicentro europeo das Letras Galegas, no festival máis importante do país:
- Programa completo do Festiletras 2019: do 12 ao 19 de maio no Couto, Ponteceso

Venres 17 de maio

- Foliada das Letras e Folk in Fisterra.

- Festival Contra-Letras no Casino de Carballo.

- Día das Letras Galegas en Pasarela.

- Andaina Coñece a Costa da Morte por Corcubión.

- Presentación literaria polas Letras Galegas en Cances (Carballo).

- Día das Letras Galegas en Carballo.

- Fin de semana das Letras Galegas en Muros.

-X Ruta de Tapas en Santa Comba.

- Presentación da Banda de Gaitas 'Invernía', Dumbría.

- Limpeza da praia de Louro no Memorial Suso Pais.

Sábado 18 de maio

- Festival Contra-Letras no Casino de Carballo.

- Fin de semana das Letras Galegas en Muros.

- Teatro polas Letras Galegas en Laxe.

- Festa dos 50 anos de Bazarra, en Cee.

- X Festilires 2019

Domingo 19 de maio

- Primavera en Ruta con Senda Nova por Trazo.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios