Xoves. 18.04.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Do Vakner ao FIOT

Nova fin de semana de outubro coa #AxendaCostadaMorte ben cargada. Con citas ben singulares ademais. O FIOT segue a ser o programa máis completo, pero esta fin de semana ademais de teatro temos monólogos, andainas, as primeiras citas micolóxicas, varios encontros de mulleres rurais… Ademais de citas singulares como as Misións Pedagóxicas de Malpica, a Muiñada de Vimianzo ou as potentes xornadas do Vakner, en Dumbría.

Dumbria-Territorio Vakner
Dumbría, Territorio Vakner
#AxendaCostadaMorte: Do Vakner ao FIOT

Parte de Meteogalicia

Continuaremos ao longo da fin de semana con tempo inestable, con tempo de chuvascos. O venres teremos ventos suaves do sudoeste pero que traen chuvias, suaves pola mañá e intensas contra a tarde. O sábado non cambiará moito a cousa, pasando unha fronte que nos traerá un cambio de vento (cara o noreste) e nos deixará un sábado de chuvias, pero de caracter intermitente. Tampouco varía a cousa para o domingo, con ventos de compoñente norte, con temperaturas algo máis fríos, e chuvias ao longo do día.
En canto ao mar, teremos algo de mar de fondo, o venres aínda rondando os 4 metros de altura, baixando pouco ao longo da fin de semana.

Cuarta fin de semana de FIOT

Nova fin de semana do programa cultural máis importante do ano na Costa da Morte. 28º Festival Internacional Outono de Teatro acolle citas tan singulares no programa de Sala como a estrea absoluta de Chicas y chicos, un traballo conmovedor e contundente da compañía madrileña El Sol de York; ou a chegada de Carmen Maura e a súa “La Golondrina” (non hai entradas, claro…).
Pero ademais teremos o sábado “Todas hieren y una mata”, a primeira comedia en verso do século XXI que a compañía Ay Teatro; o III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado; e como non esquezades tamén que a proposta gastronómica do Dalle un bocado ao FIOT polos bares da vila.

Xornadas sobre o Vakner

Esta fin de semana ten lugar o I Encontro Internacional Vákner, que artella o Concello de Dumbría, co gallo do Xacobeo, no Salón de Actos do Albergue de Peregrinos do Conco. Un compendio de charlas que reflexionan sobre o simbolismo dos mitos arredor do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.

Encontros de Mulleres

- A nova Asociación SonLilá de Carnota convoca unha xuntanza para este sábado, para expandir a súa semente feminista pola zona.

- O sábado pola mañá Vimianzo acolle o encontro de Facemur e a Deputación en Vimianzo coa presencia de 500 bravas mulleres da comarca.

- O sábado, ás 16:30h Camariñas convoca unha nova Danza de Arcos Rosa para visibilizar a loita contra o cancro de mama. (SUSPENDIDA)

- Xa na tarde de sábado, a Casa da Cultura de Seaia será o escenario para o I Encontro Interxeracional de Mulleres Rurais.

Muiñada de Vimianzo

O muíño da Agra de Vimianzo volve á vida o sábado 19 de outubro nunha festa singular na que revivir o espírito dos anos corenta e cincuenta do século XX. Cea tradicional, artesanía, xogos, actividades para todas as idades e moita música e foliada completan unha festa que se vive desde as catro da tarde até a madrugada.

Misións Pedagóxicas en Malpica

As Misións Pedagóxicas volven a Malpica 86 anos despois. Este domingo, día 20, volverá a haber monicreques no mesmo lugar. Ás 18 horas, na Praza de Anselmo Villar Amigo (fronte á Casa da Santa), a actriz e titiriteira Larraitz Urruzola representará Dona Barriga Verde, un espectáculo para todos os públicos recomendado para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Xornadas Micolóxicas de Fisterra

Unha saída o sábado e a exposición e degustación dominical copan o programa das V Xornadas Micolóxicas Fin da Terra.

Teatro e monólogos

- O venres teremos o Monólogo de Osvaldo Digón no Rixallas de Santa Comba.

- O sábado David Perdomo estará no Outono de Monólogos de Cee.

- O sábado, os monicreques de Kukas levan o seu Arlequina a Muros.

- O domingo celébrase o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA de Corcubión coa obra Papiroflexia.

Outras citas

- Para os verbeneiros, non faltará a súa cita, nada menos que coa París de Nooia nas Festas da Santiña de Trasufre.

- Os Muíños de Caldebarcos acollen un singular Encontro pedagóxico Festivo ao longo do sábado.

- O sábado pola noite, terá lugar o Malpica Oktober Rock, unha noite de concertos roqueiros no centro da vila.

Andainas

- Cabana artella unha Andaina Solidaria na loita ontra o cancro pola Senda do Anllóns para a tarde do sábado. (APRAZADA para o 26 de outubro).

- O domingo temos outra Andaina do Outono en Ruta de Senda Nova, desta volta, pola Sendas das Capelas, A Laracha.

- Cabana organiza para a tarde dominical un Paseo pola historia cunha ruta de sendeirismo por Corcoesto.

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • Manuel Valcarcel espón as súas fotografías do proxecto Auga no Museo do Terra de Xallas, ata o vindeiro 3 de novembro (de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 h e de 16.30 a 18.30 h)
  • O Faro Vilán acolle a exposición de escultura "The expanded Area" dos artistas Nils Viga Hausken e Mats Gamdrup, que estará aberta durante o mes de outubro
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

 

Comentarios