Venres. 29.03.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: estas son as propostas

#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: estas son as propostas
Un xoves máis, aquí vos deixamos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da última fin de semana do ano!

Parte de Meteogalicia: Tempo solleiro

Meteogalicia avísanos que para o venres recuperaremos a influencia anticiclónica das pasadas xornadas, con circulación de nordés. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte de Galicia, onde mesmo haberá a posibilidade de orballos. Xa para o sábado, as altas presións localizadas ao norte de Península Ibérica continuarán aportando estabilidade. Deste xeito, agardamos unha mañá con nubes baixas no norte e néboas en puntos do interior que irán desaparecendo progresivamente ata deixar unha tarde de ceo pouco anubrado ou despexado. O domingo, o anticiclón continuará estacionario ao norte da península Ibérica, illando a Galicia da influencia das borrascas atlánticas. Polo tanto, o día quedará novamente marcado polos ceos pouco anubrados.

Programas de Nadal

Botádelle un ollo aos completísimos programas de Nadal municipais de (case) todos os concellos da Costa da Morte.

Outras citas

Quico Cadaval estará en Zas. -Noites espectaculares en Carnota con 'Language Planning' de Os Quinquilláns. -Proxección do filme 'Campeones' en Muros. -Sen Fronteiras Fest no Casino1889 de Carballo. -Teatro en Muros coa representación da obra 'Carapuchiña Vermella', de EducaTeatro. -Monólogo de Quico Cadaval en Zas. -Nadal tradicional en Ameixenda, en Cee.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición colectiva Stoupidos durante este nadal.
  • Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios