Venres. 29.03.2024
El tiempo

Breogán Riobóo analiza en Carballo a posición de Podemos Bergantiños de cara ás eleccions autonómicas

Breogán Riobóo analiza en Carballo a posición de Podemos Bergantiños de cara ás eleccions autonómicas
O secretario de Podemos Galicia acudirá á asamblea O secretario de Podemos Galicia acudirá á asamblea Co país aínda revolto tralos resultados electorais do pasado 20 de decembro, o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo desprarazase o vindeiro sábado, 30 de xaneiro, ata Carballo onde terá lugar unha asamblea na que debatirán os asuntos da formación na comarca de Bergantiños de cara as vindeiras eleccións autonómicas. Esta convocatoria está aberta a todos os interesados e inscritos a acudir xa que segundo informan dende a formación política a asistencia "é de vital importancia para a agrupación e a comarca de Bergantiños con vistas ás próximas eleccións á presidencia da Xunta de Galicia". Durante a asamblea debatirase a folla de ruta a seguir nos vindeiros dos anos nos círculos de Podemos Galicia e os seus círculos entre os que se atopa a delegación de bergantiñana. A cita terá lugar ás 12 horas no 2º piso do número 21-23 situado na rúa Fomento. Novas relacionadas      

Comentarios