Venres. 22.01.2021
El tiempo

Buserana: “Cando nos rompen ata a voz”

Foto de Rafa Quintáns da acción desenvolta por Buserana este 25N en Cee
Foto de Rafa Quintáns da acción desenvolta por Buserana este 25N en Cee
Buserana: “Cando nos rompen ata a voz”

Despois da acción desenvolta no #25N, a Organización Feminista Buserana quere lanzar este manifesto ante a situación mediática vivida durante o propio mércores.

”Cando nos rompen ata a voz”

Acabamos de vivir un 25 de novembro distinto, sen concentracións, sen xuntarnos para erguer unha voz común contra a violencia de xénero que nos rompe a alma un ano máis con corenta e unha vítimas asesinadas. Aínda na distancia, sentimos o calor da solidariedade e o compromiso de persoas e colectivos que fan causa común co feminismo, escurecidos despois polo pasamento de Maradona, que acaparou louvanzas e honras por moitos dos mesmos que seguían tendo un lazo lila nos seus perfís de redes sociais, esquecendo que o xogador arxentino foi a antítese dunha persoa admirable, cunha vida chea de desprezo e abuso ás mulleres, aos seus propios fillos e ao respecto a menores, vítimas que pasaron de ser as lembradas e homenaxeadas, a seren ignoradas para que non se manche a pelota.

Dende Buserana queremos denunciar a falla de escrúpulos sobre todo de representantes públicos que de cotío se denominan a si mesmos "feministas", que non dubidaron en pasar do minuto de silencio polas vítimas á glorificación do machismo máis repunante. Os seus altofalantes mediáticos espallan esa perigosa mensaxe, botando abaixo entre outros o labor pedagóxico que se fai nas escolas a prol da igualdade, e que aproveita datas sinaladas como a do 25N para implicar a todo o alumnado. De novo, o prioritario non é escoitar ás mulleres, nin ás vítimas. Secundarias outra vez porque hai un home ao que tributar pleitesía, un habilidoso da pelota ao que chorar porque "hai que separar as cousas". Estamos cansas de loitar, pero este 25N deixou en evidencia que aínda quedan moitos máis por diante. E tamén que estamos soas. Que nun dos días sinalados nos que berrar e reinvidicar a nosa causa...foi precisamente no que voltaron a querer rompernos a voz.

 

Novas relacionadas

comentarios