Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE proponse unir forzas para rescatar a Costa da Morte do esquecemento autonómico

Gonzalo Caballero e Xaquin Gonzalez Leiceaga cos memros do PSOE da Costa da Morte-Foto-Rafa Quintans
Gonzalo Caballero e Xaquin Gonzalez Leiceaga cos membros do PSOE da Costa da Morte-Foto-Rafa Quintans
O PSOE proponse unir forzas para rescatar a Costa da Morte do esquecemento autonómico

Esta pasada tarde de luns 28 de outubro, o portavoz nacional do PSdeG achegábase a Cee para celebrar unha xuntanza comarcal. Unha reunión para escoitar de primeira man o traballo das numerosas alcaldías que o grupo socialista rexenta na comarca nesta lexislatura, despois do éxito nas pasadas elecccións municipais. O grupo socialista,que tamén venceu nas Xerais de abril 2019, aspira a repetir triunfo na comarca este vindeiro 10 de novembro, pero xa ten o foco nas Autonómicas, que chegarán en 2020.

“Esta bisbarra é unha asignatura pendente de Feijóo. Un goberno progresista na Xunta convertirá as súas demandas nunha prioridade”, sinalou Caballero.

Membros do PSOE da Costa da Morte-Foto-Rafa Quintans
Outros membros dos grupos municipais socialistas-Foto-Rafa Quintáns

A conversa xirou en torno a infraestruturas e industria, e a escasa presencia da Costa da Morte nos Orzamentos da Xunta para o 2020. Lembraron, por exemplo o esquecemento da comarca con exemplos como o da Autovía, que repite un mísero investimento de 1 millón de euros para o ano que vén, e que non ten, nin formulado o proxecto ata Cee ou a variante de Brens, como lembrou Margarita Lamela.

Novas relacionadas

Comentarios