Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cambio de hora si ou cambio de hora non?

Cambio de hora si ou cambio de hora non?
Esta noite os reloxos adiantaranse unha hora; é dicir, as dúas da madrugada pasarán a ser as 3. Así o establece unha directiva europea que xustifica este cambio nun mellor aproveitamento das horas de luz solar e na dimunición do consumo eléctrico. E como todo, hai xente a favor e xente en contra. Ante este debate social, acaba de nacer "É o noso fuso horario un problema?"; unha publicación coordinada polo catedrático da USC Jorge Mira e que presentou esta semana no Consello da Cultura Galega xunto con Francisco Díaz-Fierros Viqueira - coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade -. “Que nós saibamos, é a primeira vez no Estado que se fai un debate aberto e que inclúe todas as posicións ao redor do fuso horario e esta é a primeira publicación no Estado que recolle todo o abano de posicións”, sinalou Jorge Mira, quen fixo referencia á xornada celebrada en 2016 que convocou no Consello da Cultura Galega aos principais expertos participantes neste debate. Éste é un debate que está de plena actualidade. Figurou nos programas electorais dalgúns partidos nas últimas eleccións e agora mesmo se está a tramitar no parlamento español unha proposición non de lei do partido Popular ao redor do fuso horario e o seu potencial cambio. Deste xeito, “o CCG como organismo consultivo decidiu editar as intervencións desta xornada para que sirvan como material de debate”. A publicación está editada en castelán - a versión en galego sairá en breve - para poder servir como documento de traballo por parte dos poderes centrais ou outras comunidades autónomas. jorge-mira-fuso-horario jorge-mira-fuso-horario Durante a presentación, Jorge Mira destacou a excepcionalidade do libro, no que o lector pode coñecer as tres posicións fixadas na actualidade ao redor do fuso horario: a de que non se debera variar a situación actual, a de que España debera unirse ao fuso horario de Reino Unido e Portugal, e mesmo a de que os parlamentos valenciano e balear pediron un fuso horario máis próximo a Centroeuropa. Na redacción do libro participaron o propio Jorge Mira, José María Fernández-Crehuet, José María Martín Olalla e José Fernández-Albertos. Máis información Novas relacionadas Fonte

Comentarios