Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Camiño Fisterra-Muxía, presente, a medias, na Mesa de Traballo

Mesa Camiños 1
Foto de familia da Mesa de Traballo dos Camiños da Coruña
O Camiño Fisterra-Muxía, presente, a medias, na Mesa de Traballo

Deputación e Xunta vén de constituír unha mesa de traballo, con representación de “todos os sectores da sociedade implicados”, para “impulsar o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía. Institucións, universidades, concellos e entidades de representación social e económica das comarcas e concellos polos que discorren estes itinerarios xacobeos participaron na sesión celebrada no Pazo de Mariñán.

Estivo presente o deputado e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, como Presidente da asociación de municipios do Camiño Fisterra-Muxía; María Lema, do Concello dumbriés; Xosé Regueira, o edil carballés e máximo responsable da área Turismo da Deputación, a pontecesá Cris García Souto como Xerente da Asociacion de Concellos do Camiño Ingles; ou Pepe Formoso, CEO do Grupo Bela, invitado como profesional do sector.
Botouse en falta, en calquera caso, a invitación á Asociación de Empresarios do Camiño a Fisterra-Muxía SOLPOR, por exemplo.

Todos coincidiron no potencial do noso Camiño, que segue crecendo. Regueira, explicou que “temos que ir facendo camiño como se debe facer, que é facendo comunidade, acompañándonos os uns aos outros e buscar ese escenario de colaboración que debe ser leal e con iso conseguiremos os obxectivos que nos temos plantexados”.

Obxectivos da Mesa de Traballo

  • Ter información da Xunta dos proxectos, accións e investimentos para a conservación, valorización, promoción, recuperación, sinalización e xestión do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia da Coruña.
  • Desenvolver o coñecemento e fomento da súa conservación e valorización baixo a lóxica da sustentabilidade e compatibilidade co turismo responsable.
  • Difundir, a nivel nacional e internacional o seu valor cultural.
  • Sensibilizar ás autoridades locais de cara ao traballo conxunto para mellorar o patrimonio material e inmaterial.
  • Recuperar o patrimonio histórico.
  • Apoiar programas de investigación, promoción da seguridade e accesibilidade, así como a organización de programas de mantemento e limpeza.
  • Promover unha xestión integrada e intersectorial e promover fórmulas de cooperación entre as diferentes administracións implicadas.
  • Promover relacións coas diferentes asociacións do Camiño.

Máis novas do Camiño

Comentarios