Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Empresarios e Concello arman un Nadal de xincana en Ponteceso

Empresarios e Concello arman un Nadal de xincana en Ponteceso
Co Nadal á volta da esquina, a Asociación de Empresarios e o Concello de Ponteceso volven unirse para promover en conxunto unha nova campaña de Nadal, que comezará a partir do 15 de decembro e estenderase ata o 4 de xaneiro. Unha programación que vén marcada polo xogo da Busca do Tesouro, cun premio canxeable nos comercios por valor de 250 euros, e polo Sorteo de varios premios canxeables e unha cesta de Nadal. Velaquí a programación, ao detalle: -15 Decembro: Obradoiro de Nadal para nenas e nenos no que se farán adornos para a árbore de Nadal da Asociación e cartas para os Reis Magos ou Papá Noel, entre outras actividades. -22 Decembro: Visita de Papá Noel e o seu Elfo axudante a Ponteceso. Percorrerán os negocios e comercios socios da Asociación de Empresarios repartindo caramelos e máis tarde estarán no local que a Asociación habilitará para a campaña de Nadal recollendo as cartas que as nenas e nenos lles queiran entregar e repartindo máis aramelos. -28 Decembro e 4 Xaneiro: Festa infantil con inchables, pintacaras, globoflexia, música, animación, chocolate quente e moita diversión para nenas e nenos. -12 e 19 Decembro: Busca do tesouro nos comercios socios. Xogo de pistas con premio. A través dunha serie de pistas haberá que resolver un enigma. @ primeir@ en resolvelo farase co premio (por valor de 250€), que poderá canxear nos comercios socios da Asociación. Mais información na paxina: “Busca do Tesouro-Sorteo de Nadal: Mercar no comercio local no Nadal ten premio. O sorteo constará de varios premios canxeables nos locais socios máis unha cesta de Nadal composta por agasallos doados polos negocios e comercios socios. Merca e participa! Paralelamente, durante esta ponte festiva Corme abre as súas portas ao  primeiro Poboado Navideño Mariñeiro, con máis de 20 postos artesáns, animación de rúa, ambientación navideña, concertos e actuacións infantís. Desde hoxe e ata o domingo, todos os que se acheguen ata a vila pontecesá poderán gozar de cinco días repletos de actividades para desfrutar en familia da músca, o teatro, os monicreques e todas as actuacións previstas, ao tempo que realizan xa as compras de Nadal nos postos da Praza do Pan e no comercio local. Así, haberá arredor de 25 postos: mel, xoguetes, traballos das redeiras, xoiería... con multitude de propostas de agasallos. O stand da Concellaría de Turismo tamén formará parte do mercado, no que tamén terá o seu espazo a Confraría de Pescadores para vender o calendario con imaxes dos percebeiros locais. Todo estará amenizado, ademáis, con panxoliñas que soarán durante todo o mes nas rúas de Corme. Coincidindo co Poboado Navideño Mariñeiro tamén abrirá as súas portas ao público o Museo de Arte Contemporánea, recentemente adquirido polo Concello de Ponteceso. Unha auténtica xoia que paga moito a pena visitar! Velaquí un resumo do programa: -5 decembro 22.30h - Concerto Broken Peach -6 decembro 14.00h - Sesión Vermú con Paty Lesta & The Hits 17.30h - Teatro ó cubo con Ghop 22.30h – Adhara and Ritman -7 decembro 17.30h – Martiña soñadora 22.30h – A banda da Balbina -8 decembro 14.00h – Sesión Vermú con SON BOLEROS 17.30h – Larraitz Urruzola con “O Crebanoces” 22.30h – Gallaecia Small Band -9 decembro 14.00h –Sesión Vermú con The Lakazans 17.30h – A fiestra dos soños

Comentarios