Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo destina 45.000 euros a distintos eventos deportivos

Carballo destina 45.000 euros a distintos eventos deportivos
convenios-deportivos-carballo O alcade de Carballo - Evencio Ferrero - asinou onte convenio con varias entidades deportivas do municipio Tras a firma de catro convenios distintos con outras tantas entidades deportivas, o concello de Carballo achegará un total de 45.000 euros para a organización de distintos eventos deportivos. Asun Vázquez Bértoa - presidenta de Atletismo Carballo - asinou un convenio por importe de 2.500 euros para o financiamento da IV Carreira solidaria de 2 en 2, que reuniu este mesmo mes a máis de medio millar de deportistas de toda Galicia. En representación das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, que percibirán 8.000 euros para a organización do XIV Torneo F7 alevín Concello de Carballo, asistiu a presidenta da entidade, María Dolores Calvo Pumpido. Con ela coincidiu Luciano Calvo Pumpido, que asinou por partida dobre, en representación do Bergantiños FC e das Escolas Balonmán Xiria. O club de fútbol contará cunha achega de 30.000 euros para a participación en competicións deportivas federadas, mentres que o de balonmán recibe 4.500 euros para o IV Torneo Handball Festival Concello de Carballo, que converteu a nosa vila no punto de encontro de centos de persoas durante a Semana Santa. Fonte  

Comentarios