Martes. 16.04.2024
El tiempo

Carballo e Emalcsa lanzan unha campaña de sensibilización do uso da auga

Carballo e Emalcsa lanzan unha campaña de sensibilización do uso da auga
A fonte da Praza de Vigo sera pechada A fonte da Praza de Vigo será pechada

O peche de todas as fontes ornamentais do casco urbano será unha das actuacións que figuran dentro do novo protocolo de cooperación técnica que vén de aprobar a xunta de Goberno Local de Carballo entre o Concello e Empresa Municipal de Aguas de La Coruña (Emalcsa). Un convenio que serve para establecer unha estratexia urbana sensible á auga, é dicir, unha política de aforro de auga para ademais, concienciar á veciñanza sobre o consumo responsable.

O proxecto que conta coa Universidade da Coruña como socio científico, pretende minimizar os impactos sobre o ciclo natural da auga e protexer a saúde dos ecosistemas acuáticos. Para iso, e contando coa empresa concesionaria da xestión do ciclo integral da auga, identificaranse os puntos urxentes e as medidas a tomar nun futuro.

Novas relacionadas

Comentarios