Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo eliminou 60 niños de avespa asiática durante o mes de xullo

Carballo eliminou 60 niños de avespa asiática durante o mes de xullo
nido-secundario-vespa-velutina nido-secundario-vespa-velutina

Despois da campaña de primavera exterminando as raíñas, a Costa da Morte está inmersa xa na loita sen cuartel contra os niños de avespa velutina. Por Carballo, o servizo municipal de control de pragas leva eliminados 78 niños da avespa asiática, boa parte de deles aparecidos durante o mes de xullo (60) na zona costeira e no casco urbano.

As cifras sinalan unha lixeira baixada na presencia da invasora, pois o ano pasado a estas alturas xa levaban 172 niños eliminados.

Unha vez que xa vimos o seu novo “modus operandi”, explican que os lugares máis habituais para formar o niño son valados, alpendres, soportais, balcóns e árbores.

Lembren que as persoas que localicen algún poden dar aviso ao 112 ou ao 012.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-vespas-velutinas-mudan-o-seu-modus-operandi/

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios