Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo, Muros e Ponteceso móvense polo Día Internacional da Discapacidade

dia mundial da discapacidade
Día mundial da discapacidade
Carballo, Muros e Ponteceso móvense polo Día Internacional da Discapacidade

O vindeiro 3 de decembro celébrase o Día Internaiconal da Discapacidade e co gallo desta data, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade está a organizar distintos actos en toda a xeografía galega, varios deles nalgúns puntos da Costa da Morte:

Muros

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebra unha xornada de portas abertas no centro que teñen en Valadares, en Outes, e logo a partir das 11 horas expoñerán os produtos que realizan no centro nos soportais da Avenida Castelao de Muros e fronte á Casa da Cultura en Outes.

Ponteceso

A Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Integro) o día 3 de decembro participará de 10:30 a 13:30 horas nunha xornada de convivencia con escolares do colexio Eduardo Pondal de Ponteceso na que se levarán a cabo actividades de sensibilización.

Carballo

A Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Integro) realizará a actividade "Contos para un mundo mellor", de balde, que se desenvolverá ás 18 horas na Biblioteca Rego da Balsa Carballo e contará coa presenza de Gloria Mosquera e Diego Maceiras.

Comentarios