Martes. 23.04.2024
El tiempo

CEMMA: “Fixemos todo o que puidemos pola balea, pero non tiña posibilidades de sobrevivir e houbo que facerlle a eutanasia”

CEMMA: “Fixemos todo o que puidemos pola balea, pero non tiña posibilidades de sobrevivir e houbo que facerlle a eutanasia”
Detalle da balea común varada en Nemiña.Foto-Javi Carballo Detalle da balea común varada en Nemiña.Foto-Javi Carballo

Foi unha tarde complicada a de onte na praia de Nemiña. A lenta agonía dunha balea común provocou momentos de ansiedade entre veciños, membros das forzas de seguridade e os profesionais da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

Despois dos numerosos comentarios na rede, Alfredo López (CEMMA) quere facer unha valoración da complicadísima tarde e pedir respecto polo traballo dunha das entidades que máis leva facendo pola fauna mariña en Galicia nas últimas décadas.

”Dende primeira hora, cando nos chamou o surfista e Protección Civil e nos pasaron as fotos, fumos conscientes de que con ese tamaño non tiña ningunha posibilidade de sobrevivir. É un cachorro que apenas ten dous días, que aínda tiña o embigo sen cicatrizar, totalmente dependente da nai, que mama cada 2-3 horas, perde 200-300kg cada día, e sen a súa nai é absolutamente imposible que puidera sobrevivir se o devolvíamos ao mar”.

”Eu entendo a vontade das xentes que querían axudar a devolvelo ao mar, pero despois de tantos anos, temos experiencia e temos que ser realistas, e unha manobra para devolvelo ao mar, ademais de non servir para salvarlle a vida, pode poñer en risco a vida das persoas”.

López explica que dende o primeiro momento aconsellaron deixalo varado na area, que posiblemente ao estar tan canso acabaría morrendo. “Onde lle imos buscar a nai, que pode estar a 15-20 millas, ou ao mellor tivo un accidente… Vai ti a saber” reflexiona.

Mentres arrincaban dende Nigrán (onde a CEMMA ten a base) e durante as 3 horas de camiño non pararon de facer xestións. Protección Civil avisaba a media mañá de que ían intentar devolvelo ao mar co tractor, a pesar dos consellos dos biólogos. “Nós non o puidemos impedir pero que sexamos conscientes de que non vai ter opción ningunha de supervivencia, e en ningún momento se poña en risco a vida das persoas”.

De feito, os membros de Protección Civil pronto desistiron pois a manobra de reintrodución foi moi perigosa, e houbo momentos de risco e tiveron. “Un animal de 6.500 kg, co mar batendo… é moi perigoso. Era mellor deixalo en seco, na area, que que vaia ao mar e apareza uns días despois nunha zona de rocha moito máis complicada”, explica.

"Todo o que se fixo e o que non se fixo foi respectando os protocolos e sempre estando todo baixo control.

”Ti vas a urxencias e dinche vostede quede fóra, por favor

Dende o CEMMA queren facer unha reflexión sobre a situación vivida no areal. Ducias de persoas pasaban e intetaban achegarse. “A todo o mundo lle pedimos que se retirase para poder facer o noso traballo, coller mostras e analizar o estado do animal. A maior parte da xente respectou e entendeu esas necesidades, pero si que houbo algunha que outra persoa maleducada, incluso algunha xornalista. Hai xente que responde que a praia e súa, pero mira, un exemplo, pasou unha persoa cun can por aí, e pedímoslle que se apartara e a persoa enfadouse, pero se lambe unha soa gota de sangue da balea, que está infectada de calmante, ata podería morrer”, explica. “E nós non son guarda civil, só podemos recomendar apartarse, pois estamos todos pasándoo mal co animal morrendo e non é agradable ter un zoom apuntando a túa man mentres pos unha dose de calmante. Ti vas a urxencias e dinche vostede quede fóra, por favor. Nós necesitamos tamén algo de intimidade para poder traballar”, explica.

Caso aparte merece a visita dun colexio da zona. Moi respetuosos mantiveron as distancias vendo como traballaban os sanitarios. Alfredo non puxo panos quentes. “Fun onde os 30 rapaces e díxenlles a balea vai morrer, é un cachorriño, está só e non ten posibilidades de supervivencia. Os rapaces entenderon, e nun momento no que estabamos esperando por un material deixámolos acercársense para despedirse”.

”O animal estaba perfectamente san, pero só”

Despois de analizar a situación, e á espera das analíticas que se farán estas semanas, Aflredo apunta que “o animal estaba perfectamente san, pero estaba só, perdeuse, e só non podía sobrevivir. Ao final eutanasiamos, sobre as 18:00, cortámolo e levámolo cara a zona de arriba O animal morreu, levámolo para arriba, quedou cortado, á espera de que chegase o camión.

Explican que foi o terceiro cachorro de balea común que aparece nas últimas tres semanas na costa galego-portuguesa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/balea-comun-varada-nemina-agonia/

Máis novas de fauna mariña

Fonte

Comentarios