Venres. 18.10.2019
El tiempo

Un Centro Galego de Investigación de Arqueoloxía Subacuática para evitar a fuga do noso patrimonio

Unha peza atopada na ría de Corcubión
Unha peza atopada na ría de Corcubión
Un Centro Galego de Investigación de Arqueoloxía Subacuática para evitar a fuga do noso patrimonio

Apenas van 32 anos dende que a Costa da Morte comezou a solicitar a creación dun espazo para o noso rico patrimonio subacuático. E , a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra volve sacar o tema á luz.

Porque ben sabemos que corremos o perigo que a recuperación dos fondos mariños de tres canóns, presuntamente do S. XVI, fronte á Virxe do Monte, en Camariñas se esqueza en apenas un mes, e que todos os alcaldes que saíron á palestra esixindo un Centro especializado, acaben olvidando o asunto.

Por iso, a entidade volve solicitar publicamente un Centro ou Instituto Galego de Investigación de Arqueoloxía Subacuática, con sede en Fisterra e adscrito ás Facultades competentes dás tres Universidades Galegas (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) baixo a dirección e colaboración económica e técnica dá Consellería de Cultura e Turismo dá Xunta de Galicia.

Camariñas tamén ten solicitado algo semellante coa posible creación do Auditorio do Mar, o esfolado Museo Seo de Corcubión podería ser un emprazamento ideal, pero esperamos que esta diversidade de ofertas non sexa utilizada pola administración autonómica como arma para librarse das súas competencias.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios