Martes. 23.04.2024
El tiempo

Circanxa

Dende unha oftalmoloxía estructural podríamos exemplificar as diferentes vigas do panel social en Relixión, Xustiza, Educación, Benestar Social, Economía e Sanidade para un macro iris no que probar lentes de cerca e lonxe simplificando a estructura social sen ter necesidade dun supercoco para o seu entendemento racional. Imaxina que cada catro anos votas ao goberno institucional encargado da albañilería dunha viga, por exemplo a Relixión, barallando entre estampitas que grupo ideolóxico gobernará os próximo catro anos: católicos, musulmáns, ortodoxos, …, imaxina que gañasen os grupos ideolóxicos cercanos ao catolicismo e que istes gobernasen as institucións relixiosas, impoñendo a súa vontade, beneplácito concedido polas urnas … é lóxico, xusto e bo para o desenvolvemento e evolución da nosa sociedade que a relixión sexa dominada, organizada e imposta durante catro anos por un grupo ideolóxico cando consideramos o noso estado laico? Cando consideramos que o mellor para os nosos nenos é que eles elixan por sí mesmos as súas creencias? As persoas ateas, musulmáns, maradonianas, politeístas, etc; sentiríanse maltratadas e impotentes ante o goberno dunha ideoloxía por encima do respeto ós diferentes pensamentos e sentires… lóxicamente. Estas persoas veríanse obrigadas a unirse en Plataformas, Asociacións, …, se quixeran defender os seus dereitos como seres humáns de mesma arteria e coagulación, con igual urea e sudoración. Nalgúns municipios onde gañasen outras ideoloxías terían unha pequena burbulla de osíxeno onde existir e igualmente inxusta por estar esa burbulla dominada polo uso de según que deterxente e sendo igualmente maltratada por estar supeditada a lavadora. Esta organización sin sentido cobra todo o sentido na túa mente, disposta a atacar Irak para previr o fin do mundo coas súas armas de destrucción másiva, coa sua terrible Garda Republicana… creamos constantemente odio, afiliándonos en bandos de militantes e milicianos loitando entre irmáns pola imposición dictatorial dunha Ideoloxía cando esiximos que se nos repeste. Se sabes ler e ves ben as letras, por qué non falas? Por qué che parece normal que un grupo ideolóxico goberne nun estado democrático por encima dos intereses do individuo e dunha sociedade plural e diversa? Imaxina no mesmo caso a Xustiza, a Educación, o Benestar Social, a Economía e a Sanidade; gobernadas por grupos ideolóxicos que consideran xusto o exterminio de certos pobos, a educación según determinados libros, o benestar según que clases e razas, a primacía da productividade de según que productos, o tratamento de enfermedades según que medicamentos e laboratorios … dende cando, e sobre todo ata cando? a ideoloxía será asumida dun xeito tan normal como se servise e formase parte da democracia onde o respeto do individuo e por ende dunha sociedade plural e diversa en canto a creencias, pensamentos, ética e moral non é respetada senón que é organizada por granxas según o sector gandeiro e etiquetada según a valía cárnica. Se che parece inxusto, aberrante, insultante o dominio ideolóxico da relixión, dunha viga, por qué che parece lóxico en toda sociedade, en todo o fogar? Dentro desta insulsa política ínstaseche a votar un grupo ideolóxico que goberne sobre unha pluralidade social e sembra algo normal, algo lóxico, así te teñen acostumado de xeito que o mundo normal é o que está dentro do vallado; e o humano salvaxe non domesticado e afastado polo mesmo gando, castigado nun recuncho, atado e vareado … inclusive sacrificado … polo ben común? Esta forma de reparto da tarta entre ideoloxías é un xogo que só favorece ao que ten máis cartos e pode fichar aos Cristianos e Mesías, o que ten máis economía para publicitar o seu partido e poder comprar o único sentido co que fas o camiño … dominio visual da razón convencido da fermosura de Benidorm ainda que cheire a gasoi en vez de ulir a mar, ainda que se acaricie o asfalto en vez da area, ainda que se escoiten os bingos no lugar dos paxaros e se saboree plástico en vez do orgánico … que fermosa fotografía, que fermosa ebriade dos sentidos … non só tes ollos, ou si? Tes que ser merengue ou blaugrana ainda que sexas do Deportivo ou do Celta, pois só eles poden optar ao título, ao goberno mediático, son os que levan a gran maioría do reparto económico para facilitarlle o reclamo visual postergando aos demais equipos a unha loita desigual, dominando a razón e o corazón co dominio dos fotogramas … algún ano latexará un Deportivo, un Atlético, un churiurdín … algo pasaxeiro que non variará o investimento e o reparto económico desigual para financiar a realidade, para afiliarte nunha granxa na que virtualmente eres as veces feliz. Nesta Circanxa, circo-granxa, na que vivimos, actuamos para nós mesmos, somos actores e espectadores dun espectáculo baixo unha lona cada ano máis evolucionada tecnolóxicamente, máis afastada da cúpula celeste … tristes pallasos tentando rir e facer rir, levando sobre o seu rostro, na súa mirada a nostalxia de vivir.

Máis artigos en “Solidarizando”

Outros artigos de Xabier García en Rollin polas dunas

Fonte

Comentarios