Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A comunidade, o gran valor creado por QPC nos seus 14 anos de vida

14 anos QPC
A comunidade, o gran valor creado por QPC nos seus 14 anos de vida

O 27 de xuño 2007, dende unha pequena oficina de Corcubión, saía por primeira vez a cabeceira do diario Quepasanacosta. Comezaba con poucos medios, no seo da empresa tecnolóxica Galinus, e cubrindo a información de 9 concellos. Hoxe, 14 anos despois, aquel xérmolo de medio de comunicación é toda unha referencia informativa en toda a Costa da Morte, chegando a 19 concellos e unha poboación estimada de 130.000 persoas residentes na nosa comarca, e unha cantidade incontable de xente na diáspora.

Co seu afán vertebrador, o gran valor que ten creado QPC é a súa comunidade. Esa comunidade de xente que estades ao outro lado, que sodes os nosos ollos no voso concello, que facedes posible que este proxecto siga vivo ofrecendo unha visión comarcal pero dende o máis cercano. Esas persoas que nos envían as grallas, que nos envían as imaxes que usamos nas nosas redes para demostras a beleza da nosa comarca ou para denunciar incomodidades; esas colaboradoras que nos contan como foi aquel acto, que nos mandan fotos do partido do seu equipo, ou que nos transmiten as queixas que provocan os recortes de servizos públicos.

2020-2021

Este ano de pandemia está sendo un ano complicado. Os problemas de conciliación ou de perda dalgún patrocinador do sector da hostalería, solventámolos coa máxima dedicación e esforzo, conseguindo crear novos produtos como os #DirectosQPC, e case que duplicando o noso número de usuarios con respecto a 2019. Pasamos, por exemplo, de 46.500 usuarios mensuais en 2019 aos 80.590 neste 2021.

Un futuro con novidades

E QPC segue medrando. Esta campaña 2021/2022, coa volta do Fútbol da Costa, teremos un par de sorpresas espectaculares, que vos iremos presentando pouco a pouco.

Novas relacionadas

10 entrevistas para #10anosQPC

10 artigos para #10anosQPC

Comentarios