Martes. 14.07.2020
El tiempo

Os concellos comezan a posta punto dos seus areais e praias fluviais

Nivelando os areais carballeses
Nivelando os areais carballeses
Os concellos comezan a posta punto dos seus areais e praias fluviais

Xa están as máquinas polos lugares máis utilizados do verán en moitos Concellos. Pendentes a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/nova-normalidade-nas-praias/20200527053632119661.html>nova normalidade que provocará a temporada alta os Concellos poñen a punto os seus lugares de interese.

Por exemplo, en Carballo, onde coa apertura da temporada alta (ata o 15 de setembro) realizan xa unha limpeza a diario en todos os areais trala sinatura do novo contrato con Acciona Servicios Urbanos.

Estes días montan pasarelas, limpan os residuos, nivelan o areal… A limpeza realizarase entre as 06:00 e as 11:00 horas, de luns a venres, e ata as 10:00 horas, os sábados, domingos e festivos. A empresa terá que contar polo menos cunha persoa na praia de maneira permanente para que os aseos estean sempre limpos.

A área recreativa de Carreira

praia-fluvial-carreira4

Os concellos de interior fan o propio coas súas praias fluviais. Por Zas, o Concello pon a punto a área recreativa de Carreira facendo traballos de limpeza e hixienización, en cortar o céspede e no acondicionamento.

Ademais os usuarios de Aspaber tamén realizarán labores de limpeza e desinfección das rúas (andan estes días por Baio), cun limpador orgánico.

Novas relacionadas

comentarios