Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coñecendo o servizo de atención xurídica ás familias de toxicómano/a de Vieiro para toda a Costa da Morte

Coñecendo o servizo de atención xurídica ás familias de toxicómano/a de Vieiro para toda a Costa da Morte
A presidenta Josefina Rey con Susana Couto Responsable servicio Juridico de Vieiro A presidenta Josefina Rey con Susana Couto, Responsable servicio Xurídico de Vieiro A Asociación Vieiro, con sé en Carballo ademais de levar a cabo unha intensa programación de prevención nos distintos ámbitos: escolar, comunitario, laboral, xuvenil, familiar..., leva a cabo o servizo de información, orientación e asesoramiento sobre condutas adictivas. Ademais esta entidade conta co PAXS, un servizo de atención xurídica ao toxicómano/a e familias. A Consellería de Sanidade delegou na Asociación Vieiro a facultade de realizar todas as xestións que afecten a toxicómanos/as que teñan problemas coa xustiza. Este está implantado en toda Galicia, dentro dun convenio que a Consellería de Sanidade subscribiu con distintas asociacións. Cada entidade encárgase dun área de intervención, que no caso de Vieiro correspóndese coa Costa da Morte e abarca as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Este servizo está dirixido á atención integral das persoas con trastornos adictivos e problemática legal engadida que desexen incorporarse a programas de tratamento, que o teñan interrompido e desexen reinicialo ou que xa estean incorporados, así como os/as que abandonaron o consumo; e ás persoas cunha contorna relacionada coas drogas (familia e amigos/as do afectado/a...). A súa finalidade é prestar asesoramiento técnico a xuíces e fiscais sobre a realidade social e persoal, informar e proporcionar orientación sobre procesos xudiciais e/ou terapéuticos, establecer coordinación con avogados/as, forenses, persoal asistencial, familias, profesionais que interveñan no proceso xudicial, equipos médicos institucións penitenciarias, coas entidades tanto da zona, como as da Costa dá Morte e de organismos como a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), que deriva á asociación os casos de usuarios/as con problemas xudiciais. Vieiro ten adscrito un equipo de avogados que gestionan todo o relativo á problemática legal do toxicómano/a. Entre as actividades que se levan a cabo desde este servizo están:
  • · Información e asesoramiento
  • · Recursos administrativos e penais
  • · Sancións administrativas
  • · Asesoramiento a xuíces e fiscais co fin de propoñer no seu caso unha alternativa terapéutica ao ingreso en prisión debidamente valorada.
  • · Localización e revisión de dilixencias e expedientes.
  • · Identificación dos avogados/as designados pola quenda de oficio e entrevistas cos mesmos/as para suscitar a defensa.
  • · Solicitude de informes psico-sociais, clínicos, así como outros medios de proba, que poidan ser de interese ao órgano xudicial competente.
Este servizo lévase a cabo na sé da entidade e as consultas, confidenciais e anónimas, poden levarse a cabo tanto a nivel presencial (rúa Vázquez de Parga, 119, Bloque 4, Baixo dereita), como por vía telefónica (981 756 161) ou ben a través de correo electrónico ([email protected]). Trátase dun servizo gratuito. Está subvencionado pola Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-arrinca-o-programa-de-charlas-do-programa-xogo-limpo-cos-xogadores-e-adestradores-do-xiria-e-do-artai/

Fonte

Comentarios