Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As Confrarías amosan a súa profunda preocupación polos proxectos eólicos mariños

Eolicos Marinos
Foto- Ecovive
As Confrarías amosan a súa profunda preocupación polos proxectos eólicos mariños

Hai apenas unhas semanas a Xunta seguraba que "non é o momento de falar de proxectos" de eólica mariña, senón dos seus "condicionantes”. Porén, a realidade é que Iberdrola vén de pedir ao Ministerio de Transición Ecolóxica a avaliación ambiental de dous parques fronte á costa galega, en San Cribao e San Brandán.

Ante esta situación, a Federación Galega de Confrarías de Pescadores e varias entidades como ACERGA e as federacións provinciais, emitiron un comunicado rotundo, no que “lamentamos que, de xeito unilateral, e sen consultar previamente cos representantes da actividade máis importante que se desenvolve na costa galega”, a empresa presente uns proxectos cunha afectación a zonas importantes para a pesca galega”.

Lembran o Observatorio recén creado para analizar o impacto de dous proxectos que ocuparán 1.500 campos de fútbol.

Sinalan que a incidencia sobre a pesca de Cedeira a Burela “podería calcularse entorno ao 65% das zonas de captura”, sen contar a pesca zonal ou temporal.

Aseguran que o sector pesqueiro presentarán alegacións e pedirán que a Consellería de Mar como o Ministerio se opoñan aos proxectos.

Comentarios