Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Un Congreso en Carballo para profesionalizar o fútbol galego

Un Congreso en Carballo para profesionalizar o fútbol galego
Ponentes no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Ponentes do venres con membros da organización no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Tremendamente satisfeitos quedamos as familias de Quepasanacosta e Fútbol Táctico tralo I Congreso de Fútbol Concello de Carballo. Uns 125 adestradores de toda a península puideron aprender do mellor do mellor do fútbol español sen saír da Costa da Morte. Botouse en falta máis presencia do Fútbol da Costa, os que estaban chamados a ser os verdadeiros beneficiados deste Congreso, pero houbo moitos que si respostaron, como eses que fixeron centos de quilómetros dene Valencia, Barcelona, León, Asturias, Las Palmas, Ourense, Vigo… para tomar nota das 12 ponencias. Xa falamos da xornada inaugural, nun ateigado no Pazo da Cultura cheo de personalidades, entre as que cómpre destacar a presencia de todo un campión olímpico e historia viva do Fútbol español, como Vicente Miera, que aguantou cada unha das ponencias, e ata as ceas da organización. Vicente Miera Manolo Corredoira e Juanjo Vila no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Vicente Miera, con Manolo Corredoira e Juanjo Vila no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Público no Congreso de Futbol Concello de Carballo

12 ponencias do mellor

Público no Congreso de Futbol Concello de Carballo Preparación física, psicolóxica, estratexia, análises, experiencias internacionais, e defensa, moita defensa. Estes foron os temas dun Congreso que tratou de abranguer todas as disciplinas do deporte rei. Sergi Barjuan e Paulo Noga abriron o venres o ciclo de ponencias. Impresionante a do coordinador de base do Oporto, demostrando unha estrutura completísima dunha canteira que tantos froitos dá. Paulo, ademais, demostrou unha categoría humana e unha capacidade de trasmitir fantástica. A xornada sabatina arrincou ca primeira viaxe internacional do Congreso. Albert Roca e Carles Cuadrat leváronnos ata El Salvador, onde ambos estiveron ao mando da selección nacional. Unha das mellores ponencias, segundo os asistentes, foi a de Víctor Paredes. O preparador físico do Rayo Vallecano interactuou cos adestradores falando de prevención de lesións, e mesmo se puxo á disponibilidade de cada un. José Molina estreábase enriba do estrado e explicou o seu programa de traballo na transición ataque-defensa no Villareal e no Kitchee de Hong Kong. En clave de coaching deportivo falou a psicóloga Amalia Revuelta, que coa súa simpatía e bo facer no escenario foi quen mesmo de falar “case bailar” aos entrenadores. Media tarde do sábado e chegaba unha das ponencias máis esperadas, a do director do Congreso, Juanjo Vila. O “mestre” de moitos os que estiveron aí arriba debullou a importancia da orientación defensiva, facendo alusión ao que foi o seu mentor, Xulio Díaz, un dos entrenadores menos recoñecidos deste país. Como Manu Sotelo, toda xa unha eminencia en materia de gardamallas. O adestrador de porteiros do Deportivo de A Coruña fixo interactuar aos asistentes, para falar do que acontece non só dentro, senón fóra da área. Un luxo poder escoitalo e telo tan preto de nós. Pechábase a xornada sabatina con outra viaxe. Desta volta a iev, con Raúl Ruíz para analizar como chegou á revolución ao Dinamo de Kiev para poder competir co poderoso Shartak. Aínda quedaban 3 ponencias para o domingo. Comezaba Francisco Sánchez, analista do Atlético de Madrid, que explicou cousas tan interesantes que para a final da Champions analizou co seu equipo preto de 5400 xogadas do Madrid, para aportarlle información ao equipo sobre características de cada xogador rival. Espectacular as ferramentas que utiliza. Aínda quedaba outra viaxe, desta volta a Angola, para que Toni Cortés nos conte como leva unha estrutura baseada na súa experiencia en Barcelona, para a creación da privada Academia de Fútbol de Angola. Interesantísimas esas imaxes de como unha aposta deportiva pode infliur tanto na vida dos rapaces da capital angoleña, onde o fútbol é toda unha paixón. E pechou o Congreso Carlos Inarejos, colaborador de Fútbol Táctico, falando de periodización táctica, unha charla para os máis “frikis” do auditorio. Os inscritos poderán ver as ponencia cunhas claves a través da web de Fútbol Táctico, e os que non puideron vir o domingo e recoller os diplomas poden falar coa revista para solicitar o envío por correo.

Agradecementos

A familia de Quepasanacosta (Alberto Pose, Manuel Varela e Ubaldo Cerqueiro), así como o equipo ao completo de Fútbol Táctico (Juanjo Vila, María Vila, Roberto Lozano, Aless Cerecero, Sandra, Pablo Pose e Héctor García) temos que agradecer ao Concello de Carballo por facer posible este evento, a Automóbiles Dimolk por apostar pola formación e o deporte, a colaboración de Manolo Corredoira, as azafatas Soraya e Tania, aos Porteiro e compañía de Sonpress, a todos os ponentes, que se achegaron ata este curruncho da península para contar os seus saberes e, sobre todo, aos asistentes. Esperamos que tiverades aprendido! Así o expresaba o propio director do Congreso, Juanjo Vila, para pechar o Congreso. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/984702304981760/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Galería de fotos

Subiremos unha galería de fotos completísima no Facebook de Fútbol da Costa, pero aquí vos deixamos unhas cantas. Sergi Barjuan con Monica Martinez no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Sergi Barjuán con Mónica Martínez, que presentou a xornada inaugural Paulo NOga con Alberto Pose no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Paulo Noga recibe o agasallo, cortesía do Concello de Carballo, da man de Alberto Pose de QPC Albert Roca no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Albert Roca no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo FT-QPC Victor Paredes no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Victor Paredes no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo FT-QPC Jose Molina no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Jose Molina estresouse como ponente Amalia Revuelta no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Amalia Revuelta no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Juanjo Vila no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Juanjo Vila Manu Sotelo con Maria Vila no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Manu Sotelo con María Vila no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo FT-QPC Raul Ruiz no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Raúl Ruíz levounos ata Kiev David Velo de Dimolk entrega detalle da Oleria de Buno a Francisco Sanchez no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC David Velo de Dimolk entrega detalle da Olería de Buño, gracias ao Concello de Malpica, a Francisco Sánchez Toni Cortes no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Toni Cortes levounos ata Angola Carlos Inarejos no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Carlos Inarejos no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Hector Garcia de FT fixo de presentador en I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Hector Garcia de FT fixo de presentador en I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Diplomados costeiros no I Congreso de Futbol Concello de Carballo FT-QPC Algún dos diplomados costeiros no Congreso  

O Congreso de Adestradores

Máis información

Fonte

Comentarios