Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Contra a precariedade laboral dos peóns forestais

Contra a precariedade laboral dos peóns forestais
Marcha en santiago contra a precariedade laboral dos peons forestais de Pladiga-Foto-Ivan Perez 2 Marcha en santiago contra a precariedade laboral dos peons forestais de Pladiga-Foto-Iván Pérez

De lonxe vén a situación de precariedade dos peóns forestais. Xa vemos que a día de hoxe a Xunta non sabe o que significa a palabra prevención na materia.

Por iso, esta mañá una marcha en Santiago pola precariedade laboral que están a sufrir os traballadores fixos discontinuos de Pladiga (Incendios Forestais).
Este colectivo reclama que a sua situación laboral mellore. Dado que só traballan durante 3 meses o ano e están considerados traballadores fixos discontinuos o que os imposibilita tamén a acceder a outro traballo da administración pública ao longo dos 9 meses que están parados. Consideran que o seu posto ten que desenvolverse durante todo o ano para que se preveñan os incendios ca limpeza dos montes, e non se traballe só 3 meses apagando incendios forestais. Danse casos de persoal que leva dende ano 1995 nesta situación de traballar só 3 meses o ano.

Esta situación afecta a 436 persoas repartidas nos 19 distritos galegos, o distrito o que pertencemos nós e onde os seus traballadores tamén se sumaron e o Distrito V Fisterra: que ten unha zona de actuación que cubre os concellos de Muxia, Camariñas, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbria, Vimianzo, Zas, Mazaricos, Santa Comba, Carnota e Muros.

Marcha en santiago contra a precariedade laboral dos peons forestais de Pladiga-Foto-Ivan Perez 2 Marcha en santiago contra a precariedade laboral dos peons forestais de Pladiga-Foto-Iván Pérez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios