Coristanco acolle unha charla sobre a polilla guatemalteca da pataca
03:09 06/03/17
A semana pasada analizabamos a praga da pataca en 10 puntos. En todo caso, para entender mellor como está a problemática, será interesante acodir á charla informativa que organiza o concello pataqueiro por excelencia.
Este martes 7 de marzo, ás 12:00h, a Casa da Cultura de Coristanco acolle unha charla informativa a cargo de técnicos da Consellería de Medio Rural sobre a Polilla Guatemalteca (tecia solanivora). Os técnicos analizarán a situación actual cunha visión máis achegada á zona, e aportarán medidas preventivas para os agricultores.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).