Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coristanco avanza co PXOM

Coristanco avanza co PXOM
PXOM Coristanco

Un Concello máis que dá pasos adiante co tan importanta Plan Xeral de Ordenación Municipal PXOM. O Concello coristanqués está a espera de recibir todos os informes sectoriais, para, seguidamente, presentar unha proposta de Memoria Ambiental e, unha vez emitida, remitir o documento ao Goberno galego para aprobación definitiva.

E o fixo nunha xuntanza ca Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio na que tamén se abordou a situación do estudo de detalle da rúa Charrúa, situada na parroquia de Traba deste mesmo municipio.

Neste momento, Coristanco ten un PXOM vixente dende o mes de maio do ano 2000, aínda que, dende fai xa máis de cinco anos, tratan de levar a cabo unha revisión do mesmo.
Ata o de agora, os responsables da administración do municipio mantiveron dúas reunións con membros da Consellería de Medio Ambiente, a primeira, en maio do 2012, para analizar o Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI) e, a segunda, en xullo do pasado ano, co fin de estudar as modificacións no PXOM, resultantes das alegacións e dos informes sectoriais.

Axudas

No eido das subvencións, cabe sinalar que, no 2007, concedeuse unha axuda para redacción PXOM, un total de 126.522 €, posteriormente, modificouse a cantidade, quedando establecida de forma definitiva en algo máis de 121.000 euros. Ata o momento, téñense aboadas a 1ª fase, é dicir, a sinatura de contrato, con 24.292,22  € e a 2ª fase, coa mesma cantidade, necesaria para elaborar o informe previo á aprobación inicial en maio de 2013. Este mesmo ano, esta previsto aboarlle a aprobación inicial correspondente á 3º fase. Destacar que, previamente, ao Concello de Coristanco concedéuselle  una axuda para cartografía de case 39.000 euros.

O concello de Coristanco tamén solicitou unha axuda complementaria ao abeiro da Orde do 29 de xullo, para adaptar os traballos do Plan Xeral de Ordenación Municipal á Lei 2/2010 de 25 de marzo, polo que lle corresponde unha subvención complementaria de máis de 19.000 euros, que xa está aboada.

Máis información

  • Concello Coristanco: PXOM.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios