Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Coristanco, Muros e Carnota acollen as últimas visitas do ano das ITVs móbiles

ITV Vehículos Agrícolas na Laracha
ITV Vehículos Agrícolas na Laracha
Coristanco, Muros e Carnota acollen as últimas visitas do ano das ITVs móbiles

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos segue dando as últimas visitas deste 2020, mentres que esperamos que actualicen aquí a finais de mes o Calendario 2021.

Estes días, por exemplo, a ITV móbil de Vehículos Agrícolas está na praza Olonne sur Mer da Laracha. Unha ocasión que non queren perder os agricultores da zona, que achegaron os seus tractores, durante o xoves, venres e hoxe luns.

Tamén está estes días a ITV móbil para vehículos lixeiros no Parque Empresarial de Muros. Hoxe luns aínda está ata as 1800h pero mañá martes, está de 9:00h a 13:30h.

A última visita deste 2020 será este mércores 18 de novembro a Carnota. A ITV UM/ para Ciclomotores instalarase no Campo do Viso de de 9:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas

Máis información

Xa saben que cómpre reservar cita previa a través de www.sycitv.es, ou no 902 30 90 00.

Aquí teñen o Calendario da ITV móbil 2021 (aínda non completamente actualizado).

comentarios