Domingo. 22.09.2019
El tiempo

A Costa da Morte recibirá case 6 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para “cadrar contas”

Visita de Ovidio Romero a Malpica
Visita de Ovidio Romero a Malpica
A Costa da Morte recibirá case 6 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para “cadrar contas”

A Costa da Morte recibirá case 6 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para “cadrar contas”

Recibiron onte o alcalde de Malpica, Eduardo José Parga, e o Concelleiro Miguel Fernández, a visita do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Unha cita para explicar os 281.000 euros que o concello malpicán recibirá do Fondo de Cooperación Local.

Unha partida da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que se reparte entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, como o número de habitantes, as persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación.

A comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirá en total 5,9M€ destes fondos que se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, xunto cos ingresos do Estado e o IBI, para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Os fondos previstos para o 2018 xa están, neste momento, pagados e liquidados.

Nesta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas reciben estas axudas dentro dos municipios de menos de 15.000 habitantes e Carballo entran na categoría de menos de 50.000 habitantes.

Os concellos poden destinar as partidas ao que consideren máis necesario. Nesa liña, Parga resaltou que as partidas permiten facer fronte aos gastos correntes e garantir o funcionamento interno e por outro poden destinarse a inversións como fondos propios. En definitiva, serven para cadrar contas.

Comentarios