COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións

Fonte: QPC cos datos do SERGAS
  • A Xunta non descarta ampliar o toque de queda se o goberno central modifica o Decreto do Estado de Alarma
  •  O deporte federado autonómico terá que suspender as competicións. Pendente queda o comezo da Preferente (na que Xallas e Sofán ían empezar o 31 de xaneiro) e das Ligas Galegas de Base (nas que compiten 3 equipos do Dumbría)

Este luns, a reunión do Comité Clínico determinou a incorporación doutra boa tanda de concellos á lista dos que sofren o nivel máximo de restricións. Entre eles os A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, que se unen aos Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo.

Máis de media comarca queda pois en nivel máximo de alarma sanitaria, con peches perimetrais individuais, coa hostalería aberta só na terraza ao 50% e ata as 18:00h.

A día de hoxe son un total de 781 novos casos confirmados nos últimos 14 días nos 19 #concellosQPC, cunha taxa media de incidencia xa de 600 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Centros de ensino

A análise dos centros escolares é complexa. Estes días xa se está notando o efecto do Nadal, e se o pasado día 10 apenas se contabilizaban 47 novos positivos, os datos deste 16 de xaneiro xa deixan 82 casos e 3 aulas pechadas. Non son máis que hai xusto un mes, polo que non se contempla restricións nos centros escolares.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CAMARIÑAS CEIP Ponte do Porto 8 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 2 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 3 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 5 0
CARBALLO CPR Artai 4 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 2 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 3 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CEE IES Fernando Blanco 1 0
CEE IES Agra Raices 5 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 2 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 5 0
FISTERRA CEIP Areouta 1 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 3 1
LAXE EEI de Traba 1 0
LARACHA EI A Laracha 1 1
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 8 0
LARACHA ES Agra de Leborís 3 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
MUROS IES Plurilingüe Fontexería 2 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
VIMIANZO EEI de Carnés 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 5 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 2 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0
TOTAL 82 3
 

Máis artigos sobre o covid

Artigos relacionados