Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Covid19 modifica a #AxendaCostadaMorte do verán

Cine de veran en Malpica
O Cine de verán está a convertirse nunha das alternativas culturais, como vemos en Malpica
O Covid19 modifica a #AxendaCostadaMorte do verán

Este covid-19 estanos roubando medio verán. Parece estes días que polo menos non levou o sol, pero xa levou os festivais, ademais de ducias de festas. A última que coñecíamos a romaría da Barca, a última do verán, pero antes caerán outras moitas.

Os concellos preocúpanse así e todo por deixar claro que non se poden facer “botellóns” nin quedadas, pois houbo alarma estas semanas pola intención de parte da mocidade de aproveitar as datas para celebrar a festa polo seu lado.

Caen as verbenas, pero non caen os actos relixiosos (hoxe mesmo celébrase un Carme só con misas pero sen procesións), e en moitos casos as programacións culturais estanse diversificando noutra clase de actos, como cine de verán, música ao aire libre, saídas de sendeirismo (mesmo nocturnas)…

Tampouco se aprazaron certos eventos como a singular procesión motorizada de San Cristovo, que vimos pitar esta pasada fin de semana.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A tradicional procesión motorizada do San Cristovo de Cee non fallou!! Vídeo de @quintans73

A post shared by Que pasa na Costa (@quepasanacosta) on

Festas do Carme de Camariñas anuladas

Unha das que si terá actos relixiosos pero non lúdicos é a do Carme de Camariñas. Por iso, o Concello lembra prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública e en espazos públicos durante estes días.
Ademais, lémbrase aos establecementos públicos, especialmente aos adicados a actividades de restauración e ocio, a obriga que teñen de cumprir estritamente os horarios de apertura e peche fixados de acordo coa autorización da que dispoñan.

Mercado Pirata de Laxe, non. Naufraxio…

O Concello de Laxe vén de decidir a suspensión da VIII edición do mercado Pirata, que se ía desenvolver durante a fin de semana do 31 de xullo, 1 e 2 de agosto do 2020.

Estamos pendentes aínda do Naufraxio, pois o propio alcalde recoñecía nos #DirectosQPC que a intención era realizalo, se ben dende a confraría aínda non teñen nada claro sen en agosto se vai poder celebrar.
Pero polo de pronto, o Concello prepara un verán con espectáculos culturais diversos celebrados ó aire libre pero en recintos e por tempos moi delimitados. Pronto coñeceremos a programación pero o que seguro non teremos será o Certame da Canción Mariñeira.

Festas da Laracha trasformadas en pequenos actos

Este verán tampouco haberá as tradicionais verbenas nin sesións vermú nas Festas do Carme nin nas Festas da Laracha.

Para esta finde do Carme, o concello prepara unha serie de actividades no aparcamento xunto á casa reitoral, moi preto da praza Eduardo Vila Fano, e baixo unha carpa. Hoxe venres a partir das 22:30 horas proxectarase o filme de animación Ralph rompe internet, que vai dirixido ao público infantil.
O sábado a partir das 20:00 horas Kanbahiota Troup chegará a Caión con seu espectáculo La Coquette, no que se mesturan o humor e o circo. E o domingo, tamén desde as 20:00 horas, a compañía ceense Talía Teatro porá en escena o seu novo espectáculo infantil Voa, Voa!

Para as Festas patronais de agosto, o Concelloorganizará un programa cultural e recreativo a desenvolver ao aire libre. O venres 14 agosto entre as 20:00 e as 21:30 horas celebrarase o festival das artes inclusivas Diversidarte, que incluirá concerto musical e espectáculo de danza tradicional venezolana. Despois, a partir das 22:00 horas, o polifacético artistas Cándido Pazó actuará na Praza da Cultura.
Na fin de semana haberá espectáculos de rúa, en ambos casos a partir das 19:00 horas. O sábado 15 de agosto Circo Chosco traerá á Laracha Forzu2+ aéreos, no que combinan o humor coas acrobacias e os trucos circenses. O domingo 16, Inventi Teatro escenificará o seu espectáculo teatral A gran viaxe.

 

MClan en Carballo

MClan en Carballo con Orballo Cultural

Gran nova a que temos coa creación dunha promotora de eventos na Costa da Morte. Orballo Cultural, rexistrada en Muxía, e que coñeceremos mellor a vindeira semana, comeza a súa proposta cun concerto no Forum Carballo nada menos con MClan. A cita é para o 25 de xullo, e as poucas entradas que haberá á venda se poden adquirir en woutick.es.

 

Estrea teatral en Cee

Tono Casais e Maria Ordonez en voa voa de Talia Teatro
Toño Casais e María Ordóñez protagonizan Voa Voa

Este mércores Talía Teatro estrea “Voa Voa” en Cee. A estrea é mañá ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Cee. Haberá unha segunda función o xoves 16 ás 12.30 horas. A obra, creada e dirixida por Artur Trillo, e protagonizada por Toño Casais e Mafría Ordóñez, é unha peza para toda a familia.

 

Presentación dun libro en Ponteceso

O o próximo sábado, 18 de xullo, ás 19:00h, presentarase o libro sobre o Río Anllóns nun acto organizado polo Concello de Ponteceso na Garga (Anllóns). No evento de presentación falarán os autores do libro: Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luis A. Giadas Álvarez, membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns.

 

Verán de Música na Ventana de Laxe

Udra en concerto na Ventana de Laxe
Udra abríu a tempada de concertos da Ventana

A única sala costeira que forma pare da Rede Galega de Música en Vivo, a Ventana de Laxe, volve forte este verán, cunha serie de concertos durante todo xullo e agosto. O pasado venres abrían a tempada co funk de Udra. E este venres 17 de xullo tócalle o turno á camariñá Belem Tajes. Pero o plan de verán é completito.

 Veran de concertos na Ventana Laxe

Volta o Casino1889

Este venres día 17, ás 21h, Casino 1889 de Carballo volve á carba coa banda leonesa ”Superhéroes de Barrio”. A entrada terá un custo de 5€, que se deberán aboar en taquilla, entre as 20h e as 20:30h. Debido ao protocolo de seguridade, o aforo está limitado, polo que será necesario facer reserva de entradas por email no enderezo: [email protected].

 

Dombate e Torres do Allo

O Patrimonio é outro dos activos culturais da bisbarra, e así o demostran os programas destes dous centros culturais de Cabana e Torres do Allo. Na Catedral do Megalitismo hai visitas guiadas e teatralizadas, concertos, saídas en bici, nocturnas… De feito, este venres 17 de xullo acolle o primeiro concerto do ciclo Música na Catedral. Esta iniciativa para achegar a música clásica ao Dolmen de Dombate xorde como unha homenaxe a Beethoven no 250 aniversario do seu nacemento.
Xa non quedan invitacións polo que vos recomendamos que vaiades reservando paraza en [email protected] para os vindeiros concertos do 31 de xullo (Alfonso e Hugo Franco), 7 de agosto (Fernando Fraga) e 28 de agosto (Dúo Caamaño-Ameixeiras).

Ademais, no edificio histórico de Zas hai o xogo das pistas como gran reclamo ademais das interesantísimas Visitas Teatralizadas.

 

Vimianzo patrimonial

O Concello de Vimianzo ofrece un completo programa de coidado do patrimonio, con visitas guiadas aos elementos máis singulares e a artesanía viva do Castelo.

De feito, este sábado 18 de xullo celébrase a segunda etapa das Paisaxes de Vimianzo. As reservas poderán facerse no enderezo electrónico [email protected] e no número de WhatsApp 604 03 66 17.
Terá lugar unha visita á contorna natural do Mosquetín, guiados polo Grupo Naturalista Hábitat. Será un roteiro duns 3 quilómetros, con 20 prazas, nas que se identificarán a fauna e flora da contorna.

 

A Feira de Santa Comba

As Feiras de Santa Comba volven ás súas orixes cun programa de recuperación etnográfica. Cada fin de semana, a Feira do Gaiteiro é toda unha referencia.

Cine de verán en Fisterra

Este domingo comeza o programa de cine de verán. A cita, o domingo 19 de xullo, ás 22:15 h, coa estrea de "María Solinha" na praza da Contitución de Fisterra. Intervirá Ignacio Vilar, director do filme.

Cine de Veran en Fisterra

Exposicións

Ademais, hai certos espazos culturais que manteñen abertas as súas exposicións:

 

Visitas guiadas por Muros

A Asociación Auga e Sal promocionan Muros cunha serie de visitas guiadas.

 

Novas relacionadas

Comentarios