Venres. 29.03.2024
El tiempo

Da gastronomía á promoción turística

Da gastronomía á promoción turística
Respresentantes do concello de Carballo e de Axober presentaron onte o Carballo por Etapas Respresentantes do concello de Carballo e de Axober presentaron onte o Carballo por Etapas O Carballo por Etapas acada a súa cuarta edición consolidado como evento de promoción turística, un aspecto que coincidiron endestacar o alcalde, o concelleiro de Promoción Económica e o presidente de Axober no acto de presentación oficial que se celebrou onte no Fórum Carballo e ao que acudiron, ademais, os hostaleiros e hostaleiras participantes. A ruta arrancará o día 27 ás 18.30 horas coa saída do tren turístico, un elemento que contribúe a reforzar a imaxe do evento dende a primeira edición. O presidente de Axober, Isidro Varela, agradeceu a implicación do concello de Carballo na organización de Carballo por Etapas e destacou o apoio das empresas Conservas Calvo, Bodegas Carballo e Proquiber para facer posible un ano máis a ruta gastronómica, na que tamén colabora o concello de Cabana de Bergantiños coa cesión do tren. “Carballo por Etapas é unha oportunidade máis para seguir promocionando Carballo”, destacou o alcalde, Evencio Ferrero, quen aludiu á coincidencia da ruta gastronómica cunha fin de semana dunha amplísima oferta deportiva. “Hai moitas actividades, e moitas prográmanse para que teñan incidencia no sector da hostalería”, apuntou. O alcalde destacou a iniciativa do movemento asociativo cultural, deportivo e empresarial para conseguir “entre todos facer de Carballo un bo lugar para vivir”. Á repercusión de eventos como Carballo por Etapas na economía local tamén se referiu o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, que expresou o seu desexo de que o tempo tamén acompañe para que a última fin de semana de maio e a primeira de xuño Carballo se encha de xente. “Estando Axober por detrás nós consideramos que sempre vai ser un éxito”, manifestou. Locais participantes Vinte establecementos participan na cuarta edicion do Carballo por Etapas Vinte establecementos participan na cuarta edicion do Carballo por Etapas Este ano en Carballo por Etapas participan 20 locais: A Barra Bar, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Cervecería-Tortillería O Casino, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A ruta organizada pola concellería de Promoción Económica do concello de Carballo e a asociación de xóvenes empresarios de Bergantiños -  Axober - celebrarase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño. O esquema será similar ao das edicións anteriores. Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20 a 22 horas e os sábados e domingos en horario de 12 a 14 e de 20 a 22. O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios